Emblema da Deputación de Lugo

Consultas cidadás Boletín Oficial da Provincia de Lugo Emprego público Perfil do Contratante

Inicio -> Novas

Novas

06/08/2012

Aberto o prazo para solicitar as axudas de ata 6.000 euros que concede a Deputación de Lugo para obras de mellora no rural

Dende hoxe e ata o día 22 de agosto os interesados poderán presentar as solicitudes para optar a estas axudas, dotadas con 300.000 euros do Plan Estratéxico de Subvencións do Inludes, para melloras en accesos rurais e explotacións gandeiras, acondicionamento de fontes e cercados, puntos de recollida de plásticos ou construción de curros

Agrupacións de gandeiros e cidadáns ou asociacións veciñais, todas sen ánimo de lucro, poden descargar o formulario e consultar as bases así como a documentación a entregar en www.inludes.org, www.deputacionlugo.org ou na sede do Inludes na Ronda da Muralla, nº140

A institución provincial asume o 100% dos custes das obras, que deberán estar rematadas antes do 15 de novembro, se ben estas se poderán xustificar ata o día 30 de dito mes

Hoxe ábrese o prazo de presentación de solicitudes para optar ás axudas ó sector primario, con contías de ata 6.000 euros, que a Deputación de Lugo concede a través do Plan Estratéxico de Subvencións do Inludes. A institución provincial pon en marcha estas subvencións dotadas con 300.000 euros, co obxectivo de potenciar o sector primario na provincia, xa que están enfocadas á execución de melloras en accesos rurais e nas explotacións gandeiras, ó acondicionamento de fontes e cercados de pastizais, á instalación de puntos para a recollida de plásticos ou a construción de curros para o gando, entre outras actuacións.

Dende hoxe e ata o vindeiro día 22 de agosto agrupacións de gandeiros ou de cidadáns e asociacións de veciños, todas sen ánimo de lucro, colectivos ós que están dirixidas estas axudas, poderán atopar as bases cos requisitos das subvencións, a documentación necesaria a entregar así como o formulario, na sede do Inludes, situada na Ronda da Muralla nº140 –Lugo-. Igualmente poderán facelo a través de Internet nas páxinas www.inludes.org ou www.deputacionlugo.org.

Nesta ocasión, a Deputación de Lugo asume o 100% dos custos destes traballos, liberando así de gastos ós gandeiros, colectivo que atravesa por un momento de grandes dificultades económicas, ó tempo que cumple cos obxectivos de combater a sangría demográfico do rural e a elevada taxa de paro, tal e como sinalou o voceiro provincial socialista Manuel Martínez. Hai que destacar que na pasada convocatoria a Deputación achegaba ó 75% dos custes das obras de mellora, mentres que os beneficiarios aportaban o 25% restante.

Os responsables provinciais destacan que a institución axilizará a resolución destas subvencións posto que as obras deberán estar rematadas antes do 15 de novembro, se ben o prazo de xustificación prolongarase ata o 30 de dito mes.

Innovate. Este enlace será aberto nunha nova ventá Deputación de Lugo. Este enlace será aberto nunha nova ventá UE. Este enlace será aberto nunha nova ventá

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000