Emblema da Deputación de Lugo

Consultas cidadás Boletín Oficial da Provincia de Lugo Emprego público Perfil do Contratante

Hoxe

04/07/2012

A Deputación impulsa este domingo en Guitiriz a XVIII edición da Feira dos Callos, Canteiría e Artesanía

O organismo provincial colabora coa Comunidade de Montes Veciñais de Santo Estevo de Parga, achegando o 20% do orzamento necesario para a celebración desta cita o 8 de xullo

Uns 20 profesionais elaborarán en vivo pezas de pedra, amosando as oportunidades da canteiría, novo nicho de emprego que impulsa a Deputación tamén con formación gratuíta

Na cita serviránse racións de callos a 4 euros e exporanse pezas de coiro, madeira ou canteiría, feitas por artesáns deste Concello, así como doutros puntos de Galicia

A Deputación impulsa este domingo en Guitiriz unha nova edición da Feira dos Callos, Canteiría e Artesanía. A institución luguesa colabora coa Comunidade de Montes Veciñais de Santo Estevo de Parga, achegando o 20% do orzamento necesario para a celebración da XVIII convocatoria deste festexo. O seu presuposto ascende ós 15.000 euros: o colectivo guitiricense inviste 10.000 euros, o organismo provincial 3.000 euros e os veciños a cantidade restante. A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, participará na xornada este 8 de xullo, como nova mostra de apoio á cita, que comparte coa institución luguesa a aposta polo impulso dos produtos autóctonos e dos oficios artesanais, como señas de identidade e atractivo da provincia que están a xerar riqueza.

Os actos, que se celebran dende 1994, arrancarán pola mañá cun certame de canteiría no que participarán uns 20 profesionais. Os visitantes poderán ver en vivo o completo proceso de elaboración de novas escultoras. As mellores serán galardoadas para, posteriormente, formar parte da exposición ó aire libre coa que conta a Comunidade de Montes Veciñais de Parga. Precisamente, consciente das oportunidades laborais da canteiría en Lugo con máis dunha decena de empresas adicadas a este sector, e tras o xiro nas políticas da industria da construción onde, debido á crise, se opta pola restauración en lugar de realizar novas edificacións, a Deputación non só potencia a canteiría con este festexo, senón tamén con accións formativas sobre o tratamento da pedra, apostando por este sector como un novo nicho de emprego na provincia. 20 persoas participaron a custe cero dos cursos prácticos e remunerados que financiou o organismo provincial. O 25% dos beneficiados xa está a traballar mentres que, progresivamente e segundo as necesidades, se irán incorporando ó mercado laboral outros participantes coas obras de rehabilitación da antiga cárcere de Lugo ou co arranxo de lavadoiros, balados, fontes ou cruceiros.

Gastronomía e artesanía

Paralelamente á creación destas esculturas, os organizadores prepararán dende primeira hora 1.000 racións de callos, un prato típico na zona e de moita tradición tras 18 anos celebrando esta festividade, que se poderán desgustar a 4 euros, con pan e viño incluído. En caso de repetir, o prezo baixa ata os 2 euros. Complementan a programación, os traballos de coiro, madeira ou canteiría que artesáns da zona e doutros puntos de Galicia porán á venda nos expositores tamén situados no campo da feira de Parga.

Innovate. Este enlace será aberto nunha nova ventá Deputación de Lugo. Este enlace será aberto nunha nova ventá UE. Este enlace será aberto nunha nova ventá

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000