Emblema da Deputación de Lugo

Consultas cidadás Boletín Oficial da Provincia de Lugo Emprego público Perfil do Contratante

Hoxe

15/06/2012

Deputación e Universidade Menéndez Pelayo impulsan a formación universitaria cun Encontro sobre a figura do VII Conde de Lemos

Pilar García Porto, Pilar López Martínez, Xosé Luis Barreiro Rivas e Manuela Sáez presentaron un encontro centrado na figura do Conde de Lemos e na importancia de Monforte ó longo da historia

García Porto destacou que coa financiación do 100% destas xornadas a institución provincial segue apostando pola inversión en educación malia non ter competencia directa na materia

O Encontro “Política y Sociedad: El VII Conde de Lemos entre Nápoles y Monforte” terá lugar entre os días 12 e 14 de setembro e contará coa presenza de reputados expertos internacionais

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto; a Concelleira monfortina de Cultura, María do Pilar López Martínez; o Director da Universidade Menéndez Pelayo de Galicia, Xosé Luis Barreiro Rivas e Manuela Sáez, Doutora en Historia do Arte e directora deste Encontro, presentaron esta mañá “Política y Sociedad: El VII Conde de Lemos entre Nápoles y Monforte”, xornadas organizadas pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo coa finanzación da Deputación de Lugo, que se celebrarán entre os días 12 e 14 de setembro no Parador de Monforte de Lemos. Estas xornadas serán unha oportunidade única para achegarse á figura deste personaxe dende o punto de vista político e social, así como a outros aspectos históricos e artísticos da súa época.

García Porto quixo destacar que a Deputación de Lugo, que financia ó 100% a organización destas xornadas, “sempre camiña ó lado da educación, porque entendemos que esta nunca é un gasto, senón unha inversión imprescindible para xerar futuro, máis que nunca nestes tempos de dificultade económica”. Nesta liña, a Deputada de Economía lembrou que a institución provincial continúa deste xeito co compromiso que vén mantendo dende hai anos coa educación universitaria, a pesares de non ter competencia directa nesta materia, como por exemplo coa ampliación e modernización do Campus de Lugo cun investimento de 7 millóns de euros; a dotación dunha nova sede máis ampla e funcional para a UNED; a posta en marcha da única Escola de Imaxe e Son pública e con matrícula gratuíta da provincia; a posta en marcha doutras 70 bolsas de emprego dirixidas a mozos lucenses titulados co fin de favorecer a inserción laboral, etc. “En tempos de dificultade económica é tan importante aforrar como investir, apostar polo crecemento e blindar as políticas sociais”, subliñou.

Tres días de actividades

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo é a organizadora de “Política y Sociedad: El VII Conde de Lemos entre Nápoles y Monforte”, xornadas dirixidas a todo aquel que teña interese por descubrir a figura deste galego universal, que chegou a ostentar o título de Virrei de Nápoles, e que xogou un papel fundamental como mecenas dos máis destacados artistas do Século de Ouro, coma Góngora, Quevedo ou Cervantes, cos que mantivo ademais unha estreita relación. A importancia para a historia de Galicia e España deste noble é indubidable, tal e como destacaron Manuela Sáez e Xosé Luis Barreiro Rivas, quen ademais quixo poñer en valor a importancia que no pasado tivo a Cidade do Cabe e que está a recuperar na actualidade.

As actividades darán comezo o mércores, día 12 de setembro, ás 10:00 horas e continuarán ata as 11:00 do venres 14 en horario de mañá e tarde. Os interesados en asistir poderán matricularse ata o 12 de agosto na páxina web da UIMP. O prezo desta matrícula é de 129 euros, se ben os alumnos das Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo gozarán dunha redución dun 50% no prezo. Para estes, a carga das citadas xornadas será de 20 horas, que terán recoñecemento como créditos de libre configuración.

Innovate. Este enlace será aberto nunha nova ventá Deputación de Lugo. Este enlace será aberto nunha nova ventá UE. Este enlace será aberto nunha nova ventá

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000