Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

DEPUEMPREGO, o plan de emprego da Deputación nos Concellos da provinci...

A Deputación de Lugo mantén aberto o prazo de solicitude dun total de 264 axudas para os 66 Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes por un valor total de 6,3 millóns de euros do Orzamento de 2016. Están dirixidas á xeración directa de emprego, ao reforzo do Servizo a Domicilio, ao aforro de custos correntes municipais e á mellora das sedes electrónicas. Os Concellos poden solicitar estas axudas sumándose vía convenio ás seguintes programación da Deputación de Lugo:

DEPUEMPREGO, o plan de emprego da Deputación nos Concellos da provincia
Esta programación, que conta con 3 millóns da Deputación, inclúe subvencións de entre 27.000 e 67.000 euros para xerar emprego nos 66 municipios lucenses de menos de 20.000 habitantes. A distribución dos fondos fíxose en base aos seguintes criterios obxectivos: taxa de paro, superficie, entidades de poboación e núcleos poboacionais. Con estas axudas, a Deputación financia aos Concellos os gastos de persoal e da seguridade social, derivados da contratación de novos traballadores, cos que reforzar a prestación de servizos públicos municipais aos veciños.

Serán os propios Concellos os que decidirán, en función das súas necesidades, os perfís laborais. Os municipios tamén se encargarán dos procesos de selección e de contratación. A Deputación establece a obriga de facer primar na contratación a colectivos en risco de exclusión, como maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas con discapacidade ou vítimas de violencia de xénero, entre outros.
O Goberno da Deputación decidiu conceder estas axudas vía convenio para axilizar a súa concesión e ofrecer aos municipios un adianto das mesmas do 90%.
Este é o convenio tipo e o modelo de adhesión ao mesmo que deben complementar os Concellos para sumarse ao DEPUEMPREGO.

Para exercer o dereito de adhesión, os Concellos deberán presentar no prazo de 15 días hábiles, dende a recepción da comunicación formal remitida, o modelo de adhesión ao convenio de colaboración tipo, coa documentación establecida no mesmo. Poderán facelo no Rexistro Xeral da Deputación de Lugo ou polos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. No caso de non facelo, entenderase que se rexeita o dereito de adhesión ao convenio de colaboración citado, así como, a percepción do financiamento asignado.

Para calquera dúbida ou consulta pode contactar cos técnicos da Deputación nos teléfonos: 982 26 00 55 ou 982 26 01 06

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000