Lara Méndez López naceu o 17 de setembro do ano 1972 en Suíza. Esta Enxeñeira Técnico Agrícola, con tan só 38 anos, ocupa numerosos postos de responsabilidade.
Ocupa o cargo de Vicepresidenta Segunda da Deputación provincial luguesa dende o 14 de xullo de 2007. Pero a súa andaina no PSOE comezou en 2000 como Secretaria das Xuventudes Socialistas de Cervo, organización coa que xa permanece vencellada desde hai 7 anos. Dende 2003, exerce como Concelleira do Partido Socialista neste Concello mariñano.
Secretaria da Organización Comarcal da Mariña e membro da Executiva Nacional Galega do Partido Socialista, forma parte ademais da Directiva da Asociación de Mulleres Rurais con sé en Santiago de Compostela, entidade da que é Vicepresidenta.
Antes de adicarse en exclusiva á vida política, Lara Méndez exerceu profesionalmente como técnica medioambiental.