Emblema da Deputación de Lugo

Consultas cidadás Boletín Oficial da Provincia de Lugo Emprego público Perfil do Contratante

Emprego, Economía Sostible e Demografía

A Deputación de Lugo foi pioneira, rompendo o silencio administrativo sobre a cuestión demográfica –o maior problema que ten Lugo- e dando lugar, ademais do seu debate e difusión, a que outras administracións como a Federación Galega de Municipios e Provincia (FEGAMP) anunciara a creación dunha comisión específica para frear o despoboamento demográfico. A FEMP identificou 3 estratexias como claveS fronte ó despoboamento: a potenciación da economía vinculada ó medio ambiente, a extensión da administración electrónica e a creación de emprego. Por iso, a Economía Sostible vai da man da Demografía nesta nova área, unha das de maior envergadura na Deputación, cuxa Deputada delegada é Lara Méndez. A tamén Vicepresidenta Segunda conta cunha ampla experiencia e boa xestión avalada pola súa excelente execución de programas europeos ou pola posta en marcha das primeiras subvencións en España para financiar o gasto corrente dos autónomos. A súa formación como Enxeñeira Agrónoma é clave para coordinar esta área que se divide en:

a) Medio Ambiente e Enerxías renovables: Sonsoles Izquierdo é a Deputada responsable. Esta enxeñeira medioambiental de ampla formación xestionará un asunto tan importante para esta provincia como é o medio ambiente, xa que para Lugo representa unha oportunidade económica de primeira magnitude. Por exemplo, inclúense programas como a comercialización de productos autóctonos ou a Axencia Provincial da Enerxía, constituída ó final do anterior mandato.

b) Economía do coñecemento, emprendedores e innovación recae no Deputado Alfredo Llano García, que xestionará asuntos estratéxicos para a Deputación como seguir implantando a administración electrónica mediante o Innova-TE.

c) Economía Rural e do Mar, recae no Deputado José Fernández, quen xa desempeñou o cargo de Deputado de Medio Ambiente no anterior mandato e ten unha ampla experiencia como Alcalde de Navia de Suarna, acadando a maioría absoluta nas dúas últimas lexislaturas.

Innovate. Este enlace será aberto nunha nova ventá Deputación de Lugo. Este enlace será aberto nunha nova ventá UE. Este enlace será aberto nunha nova ventá

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000