Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Sala de medios de comunicación

O Servizo de Comunicación, adscrito á Presidencia e con ámbito xeral para toda a Deputación, ten como obxectivo fundamental difundir todas as informacións e actividades xeradas pola Deputación de Lugo e organismos autónomos promovidos pola institución provincial.

A tal fin desde este servizo convócanse todo tipo de presentacións, actos, roldas de prensa, etc. e emítense notas informativas ou declaracións institucionais dirixidas ós medios de comunicación e á poboación en xeral.

Igualmente facilítase o labor informativo ós medios de comunicación, entidades, asociacións ou á cidadanía mediante a canalización de solicitudes e o envío do material informativo solicitado (notas, fotografías, logotipos, cortes de voz, imaxes). O servizo tamén xestiona todo tipo de entrevistas e encontros informativos co Presidente, así coma cos membros da Corporación provincial.

O Gabinete de Comunicación é o responsable da xestión informativa da páxina web da Deputación de Lugo. Por iso, actualiza varias veces ó día a sección de noticias en soporte dixital, acompañada da correspondente galería fotográfica, entre outros moitos apartados da mesma.

De xeito paralelo é o servizo responsable do deseño, planificación e contratación da publicidade institucional, así como da correcta difusión da identidade corporativa.

O obxectivo do servizo é optimizar a comunicación e garantir que a información chegue a toda a cidadanía con rigor e a máxima inmediatez.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000