Sonsoles López Izquierdo naceu o 23 de maio de 1974 en Lugo e vive, dende hai preto dunha década, en Paradela. Estudou Enxeñería Técnica Forestal na Escola Politécnica da capital lucense.
Iniciou a súa traxectoria profesional traballando como enxeñeiro técnico en distintas empresas da provincia. Foi técnico de medioambiente en IDOM, unha entidade líder en servizos profesionais de Enxeñería e realizou estudos e tesis medioambientais para Tragsa. Logo de completar a súa formación en Irlanda, López Izquierdo comeza a súa andaina como autónoma, realizando xestións técnicas para distintos organismos públicos e particulares, instalándose definitivamente en Paradela.
A súa vinculación coa política e co Partido Socialista data de 2007, durante os comicios municipais, cando foi número dous do PsdeG-PSOE en Paradela. Actualmente é Concelleira e portavoz socialista neste municipio logo de ser a cabeza de lista deste partido nas eleccións de 2011. É Deputada provincial tras resultar elixida representante do PsdeG-PSOE polo partido xudicial de Lugo.