O Gabinete de Formación ten como visión ser un elemento estratéxico na modernización da Administración Local da provincia, mediante unha actuación formativa continuada e de calidade, dirixida a facer máis competentes as persoas que traballan nela.
A misión do Gabinete de Formación consiste en planificar os distintos actos formativos, tales como: analizar as necesidades formativas, deseñar e elaborar os plans de formación propios e destinados á Administración Local da provincia, executalos e realizar a avaliación de seguimento e impacto, baixo criterios de calidade, eficacia, eficiencia e servizo público.
Son obxectivos xerais do Gabinete: a formación profesional,o perfeccionamento e reciclaxe do persoal provincial e dos Concellos da provincia, a formación específica dos cargos electos locais e a colaboración en plans ou actuacións formativas con outras entidades ou institucións públicas e privadas de ámbito nacional, autonómico e local, conforme ós convenios xerais e específicos asinados con eles.
Os servizos que prestamos, en coherencia coa visión estratéxica, a misión e os obxectivos xerais, son:
Área de Formación
Deputación de Lugo
C/ San Marcos nº 8
Lugo- 27001 Galicia España
Telf: 982 260 064 /065 /035 /036
Fax: 982 260 169 / 165