Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Mayra García Bermúdez

Mayra García Bermúdez Foto Deputados

Mayra García Bermúdez naceu o 27 de maio de 1988 en Trabada e é diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Afiliada ó partido socialista dende o 2012, con 22 anos foi o número 2 nas listas do PSdeG-PSOE en Trabada. Foi no 2015 cando os cidadáns, a través do seu apoio nas urnas, a fixeron chegar, con maioría absoluta, á alcaldía de Trabada logo de 24 anos de goberno do Partido Popular, concello non que nunca houbera relevo ideolóxico. García Bermúdez converteuse na rexedora máis nova de toda Galicia. Actualmente, a socialista tamén é membro da xestora provincial do PSdeG-PSOE en Lugo.

Neste terceiro mandato progresista na Deputación (2015-2019), Mayra García Bermúdez entra a formar parte da Corporación Provincial logo de ser elixida Deputada como representante do PSdeG-PSOE polo partido xudicial de Mondoñedo.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000