Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Eduardo Vidal Baamonde

Eduardo Vidal Baamonde  Foto Diputados

Eduardo Vidal Baamonde naceu en Vilalba o 30 de decembro de 1957.
É Licenciado en Veterinaria pola Universidade Complutense de Madrid. Inspector veterinario da Consellería de Medio Rural e do Mar na Oficina Agraria Comarcal de Vilalba, exerceu como veterinario clínico rural, veterinario titular con carácter interino no Concello de Viveiro, Veterinario Oficial de Agricultura da Comarca de Mondoñedo, veterinario funcionario de Inspección Pesqueira na Delegación Territorial de Celeiro, delegado provincial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e Director Xeral da Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo.
Afiliado ao Partido Socialista dende o ano 2004, foi Concelleiro en Vilalba entre o 2011-2015. Membro da Executiva Provincial de Lugo do Partido Socialista e coordinador da Comarca da Terra Chá do PSdeG-PSOE, entra na Deputación logo de ser elixido como un dos representantes do PSdeG-PSOE polo partido xudicial de Vilalba.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000