Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Miguel Ángel Sotuela Vega

Miguel Ángel Sotuela Vega

Miguel Ángel Sotuela Vega naceu en San Clodio de Ribas de Sil no 1960.

Cursou estudos de 1º Grao de Metal. Executivo do Sector Mineiro Galego dende o ano 1982, ocupa a Secretaría de Acción Sindical de UGT en Valdeorras, organización coa que colabora.

Vinculado ao Partido Socialista dende o ano 1997, é Alcalde de Ribas do Sil dende esa data e ata a actualidade logo de revalidar a ampla confianza dos veciños e ganar os últimos comicios municipais, unha vez máis, por maioría absoluta.

Dende 2003, Sotuela Vega forma parte da Corporación Provincial da Deputación. No primeiro mandato progresista (2007-2011), foi responsable do departamento de urbanismo. No segundo (2011-2015), foi Deputado de Goberno Interior, conseguindo acordos sindicais maioritarios, posto que contaron co respaldo do 80% dos representantes dos traballadores na institución luguesa.

Neste terceiro mandato progresista, Sotuela Vega continúa na Corporación Provincial logo de ser elixido Deputado do PSdeG-PSOE polo partido xudicial de Monforte de Lemos.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000