Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Pablo Rivera Capón

Pablo Rivera Capón

Pablo Rivera Capón naceu en Láncara o 26 de setembro de 1983.
Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago, está a cursar a Tese de Doutoramento. É profesor universitario das materias de Teoría Sociolóxica Moderna e de Estrutura Social Contemporánea no Centro Asociado da UNED en Lugo. Traballou en recoñecidas consultorías empresariais e tecnolóxicas a nivel nacional.

Con 18 anos, afiliouse ao PSdeG-PSOE. Dende 2011 é Concelleiro en Láncara, e dende 2012 Secretario de Redes e Novas Tecnoloxías da Executiva Provincial dos socialistas de Lugo, así como coordinador do PSOE da Comarca de Sarria.

No segundo mandato progresista no organismo provincial, Rivera Capón foi Director de Fondos Europeos e Responsable de Novas Tecnoloxías, departamento que liderou a execución de innovadores proxectos europeos como o Innova-Te, Lug02, Pacto polo Emprego ou Centro de Innovación Social InLugo.  

Neste terceiro mandato progresista, Rivera Capón convértese no Deputado máis novo logo de ser elixido como un dos representantes do PSdeG-PSOE polo partido xudicial de Lugo.

Descarga de archivos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000