Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Antonio Veiga Outeiro

Antonio Veiga Outeiro

Antonio Veiga Outeiro naceu en Celeiro de Mariñaos (Barreiros) en 1962.

É traballador do sector pesqueiro en excedencia nunha empresa de exportación de peixe desde a lonxa de Burela.

Comeza a súa andaina política nos anos 80, anos nos que tamén desenvolve unha intensa actividade no eido do asociacionismo.

É concelleiro do BNG en Barreiros, onde tamén foi portavoz municipal até o ano 2011.

Na Deputación, foi deputado provincial na oposición de 2003 a 2007 e desde 2007 formou parte do Goberno da Deputación lucense con distintas responsabilidades, sendo no mandato 2011-2015 vicepresidente da institución e responsable das Áreas de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade. Formou parte do Consello Nacional do BNG e foi tamén o responsable comarcal do BNG na Mariña.

Descarga de archivos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000