Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Sonsoles López Izquierdo

Sonsoles López Izquierdo Foto Diputados

Sonsoles López Izquierdo naceu o 23 de maio de 1974 en Lugo e vive, dende hai máis dunha década, en Paradela.

Estudou Enxeñería Técnica Forestal na Escola Politécnica da capital lucense. Iniciou a súa traxectoria profesional traballando como enxeñeiro técnico en distintas empresas da provincia. Foi técnico de medioambiente en IDOM, unha entidade líder en servizos profesionais de Enxeñería, e realizou estudos e teses ambientais para Tragsa. Logo de completar a súa formación en Irlanda, López Izquierdo comeza a súa andaina como autónoma, realizando xestións técnicas para distintos organismos públicos e particulares, instalándose definitivamente en Paradela.

A súa vinculación coa política e co PSdeG-PSOE data de 2007, cando nos comicios municipais dese ano foi a número dous da lista socialista en Paradela. Nas citas coas urnas de 2011 e 2015, encabezou a candidatura do PSOE neste municipio. Actualmente, é Concelleira e voceira socialista neste Concello.

López Izquierdo entrou na Corporación Provincial da Deputación no 2011, no segundo mandato progresista na institución luguesa. Durante este tempo, foi responsable da área de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, departamento dende o que se lideraron os traballos de renovación das distincións de Reservas da Biosfera para Terras do Miño e Os Ancares Lucenses que concede a UNESCO tras levar cabo unha xestión modélica en España. Outro dos traballos máis recoñecidos desta área foi a posta en valor dos Centros de Interpretación nos que se realización actividades formativas gratuitas, que contan coa participación de máis de 1.700 persoas ao ano.
Neste terceiro mandato progresista (2015-2019), López Izquierdo volta a ser Deputada Provincial logo de ser elixida como unha das representante do PSdeG-PSOE polo partido xudicial de Lugo.

Descarga de archivos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000