Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Manuel Martínez Núñez

Manuel Martinez Fotos Diputados

Manuel Martínez Núñez naceu o 12 de setembro de 1954 en Baralla. É Diplomado en Maxisterio e Licenciado en Pedagoxía.

Vencellado ao Partido Socialista dende o ano 1979, é Alcalde de Becerreá dende 2007 e ata a actualidade, posto que nos últimos comicios municipais revalidou o apoio masivo dos cidadáns, acadando a Alcaldía por maioría absoluta.

Foi Concelleiro deste municipio durante varios mandatos (1995-99, 1999-2003, 2003-07). Membro do Comité Nacional Galego dende 1982 e integrante da Executiva Provincial dende 1979 ata 1989. Forma parte da Coordinadora Provincial de Lugo dende 1996. Foi Deputado das Cortes Xerais na III e IV lexislatura (1985-1993).

Manuel Martínez entrou na Corporación Provincial da Deputación no ano 1999, sendo o voceiro provincial do PSdeG-PSOE.Dende 2007 e ata 2015, durante o primeiro e segundo mandato progresista na institución, foi responsable da área de Xestión Territorial, departamento que se encarga do mantemento e mellora da rede viaria provincial máis grande de España ao superar os 4.200 quilómetros.

Neste terceiro mandato progresista (2015-2019), Manuel Martínez volta a ser Deputado Provincial logo de ser elixido como un dos representantes do PSdeG-PSOE polo partido xudicial de Lugo. Ademais, é Vicepresidente da Deputación e leva a Área de Xestión Territorial, na quese inclúe o departamento de Vías e Obras.

Descarga de archivos

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000