Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Álvaro Santos Ramos

Álvaro Santos Ramos Foto Diputados

Álvaro Santos Ramos naceu o 23 de febreiro de 1980.

É técnico superior en Administración e Finanzas e Experto en Administración Local, Xestión Municipal e Administración Electrónica. Foi o responsable de vendas en Galicia dunha recoñecida entidade de subministración de productos médicos. Como defensor do movemento asociativo, é Presidente da Asociación Terras de Lugo e Vicepresidente do colectivo Cova da Serpe.

Afiliado ao partido socialista dende 2006, é Concelleiro e voceiro socialista en Friol logo de presentarse como cabeza de lista desta formación política en dito municipio. 
Santos Ramos entrou na Corporación Provincial da Deputación no 2011, no segundo mandato progresista na institución luguesa. Durante este tempo, foi responsable da área de Cooperación e Asistencia aos Concellos, departamento que aforra miles de custes ás arcas municipais, posto que presta servizo gratuíto en materia xurídica, económico-financiera, recursos humanos, xestión administrativa…; e dende o que se dirixen innovadoras programacións, como o Plan de Impulso do Rural e do Sector Primario.

Neste terceiro mandato progresista (2015-2019), Santos Ramos volta a ser Deputado Provincial logo de ser elixido como representante do PSdeG-PSOE polo partido xudicial de Lugo.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000