Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Pilar García Porto

Pilar García Porto Foto Diputados

Pilar García Porto naceu o 17 de febreiro de 1975 en Antas de Ulla.
É técnico especialista en Hostalería e Turismo. Como emprendedora, no ano 2000, recuperou a explotación cunícola que posuía a súa familia en Antas de Ulla. No 2008, sumou esforzos con varios socios para poñer en marcha unha empresa de hostalería e asesoramento con sé en Palas de Rei.

Afiliada ao Partido Socialista dende 2006, é Concelleira e voceira do PSdeG-PSOE en Antas de Ulla, e Secretaria de Emprendedores e Autónomos da Executiva Provincial dos socialistas de Lugo dende 2012.   

García Porto entrou na Corporación Provincial da Deputación no 2011, no segundo mandato progresista na institución luguesa. Durante este tempo, foi responsable da área de Economía, Recadación e Facenda, departamento dende o que se dirixiu a elaboración dos Primeiros Orzamentos Participativos dunha Deputación en España, e que tivo a de Lugo no 2015, así como a redución da débeda económica da institución ata os cero euros.

Neste terceiro mandato progresista (2015-2019), García Porto volta a ser Deputada Provincial logo de ser elixida como representante do PSdeG-PSOE polo partido xudicial de Chantada.

Descarga de archivos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000