Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Lugowork - Inscripción

Aberto o prazo de inscrición do LUGOWORK

A Deputación arranca o LUGOWORK, o 1º plan de emprego xuvenil participativo da provincia

O Goberno da Deputación abriu o prazo de inscrición para participar no LUGOWORK, o programa de formación do organismo provincial para mozos e mozas menores de 30 anos en situación de desemprego.
Os cursos comezan en xaneiro en diferentes localidades da provincia e teñen unha duración aproximada de entre 200 e 300 horas. Tras a fase de formación, os participantes terán a posibilidade de seren contratados en empresas durante 6 meses.
A oferta formativa é a seguinte:- Auxiliar de vendas online e atención ao público (Lugo)
- Axudante de cociña e servizo de restauración (Lugo)
- Emprego eficiente e uso de maquinaria para o aproveitamento forestal (Viveiro)
- Aserrado de madeira (A Fonsagrada)
- Auxiliar de xestión informática e Internet para Pemes (Lugo)
- Traballos auxiliares en obras de rehabilitación e construción (Monforte)
- Operario de obra civil (Lugo)

Todos os cursos son gratuítos. Elixe o que máis che interese e inscríbete, o prazo remata o 3 de febreiro de 2017.
Consulta os cursos aquí:

https://www.eoi.es/es/formacion-para-el-empleo-joven


Importante: os participantes teñen que ter entre 16 e 30 anos e estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil. Podes facelo aquí:

http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/accesoJovenes.html


Máis información: lugowork@deputacionlugo.org ou nos teléfonos 982 26 00 88 e 982 26 00 77.

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000