Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

O Goberno da Deputación ofrece máis de 650 novas prazas de Teleasistencia gratuítas

O Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, avanzou que o Goberno da Deputación ofrece máis de 650 novas prazas no servizo de Teleasistencia da Deputación.

Son totalmente gratuítas e están dirixidas a maiores ou persoas que sofren algún tipo de limitación en canto a súa autonomía.

Os interesados poden descargar o modelo de solicitude que se axunta ao fondo desta información. Para dúbidas poden chamar ao​​ 982-260-138.


Campos destacou que a gratuidade da Teleasistencia da Deputación para os seus usuarios, así como o feito de que é unha prestación pública dirixida a todos os maiores ou persoas que sufran algún tipo de limitación en canto a súa autonomía, “son as dúas claras diferenzas coa Teleasistencia da Xunta, pois o Goberno galego obriga ao seu copago, ao tempo que limita esta prestación a persoas catalogadas como dependentes, deixando fóra a moitas persoas, que necesitan este servizo”.

Máis social e profesional

O Goberno da Deputación introduciu melloras na ordenanza de Teleasistencia, ademais da súa gratuidade, facendo “un servizo máis social e profesional”. O Presidente explicou que “é un servizo máis social” porque por primeira vez se incluíron baremos psicosociais e psicosanitarios para a súa concesión. Por exemplo, terase en conta o grao de soidade, a capacidade na toma de decisións ou situación familiar dos demandantes. Tamén puntuará o ámbito ou condicións da vivenda, primando aos que vivan no rural, lonxe de núcleos poboacionais ou en zonas de difícil acceso. Outros dos criterios serán a idade, os ingresos, apoios familiares, saúde ou grao de discapacidade.

“É un servizo máis profesional e humano” porque serán os propios traballadores sociais os encargados de valorar a necesidade das prazas para os demandantes. “A concesión non será un mero trámite administrativo. Serán os profesionais os que valoren in situ, en encontros cos solicitantes, a súa situación sanitaria, social ou familiar para comprobar a súa situación real e determinar a necesitade dunha praza”, remarcou.

Preto de 1.600 prazas

Con máis de 650 novas prazas que se poñen agora en marcha, son un total de 1.550 as prazas gratis de Teleasistencia que ofrece a Deputación na provincia. Na actualidade, hai 895 lucenses de Concellos de toda a provincia que contan con este servizo provincial.

A continuación pode descargar a documentación a presentar para a nova convocatoria do servizo de teleasistencia social no fogar do ano 2016 (consulte a nova ordenanza aquí).

Ordenanza

A continuación podes descargar a ordenanza que regula as axudas e o modelo de adhesión:

Solicitude

A continuación podes descargar toda a documentación e anexos que se precisan para tramitar a solicitude:

Parte de incidencias

A continuación podes descargar o modelo para reportar as incidencias:

Resolución

Nesta sección mostrarase información sobre a resolución e o proceso de admisión:

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000