Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Promoción da Artesanía 2018

A Deputación destina 57.000 euros para celebrar na provincia máis dun cento de cursos e demostracións de artesanía

O Executivo aprobou en Xunta de Goberno a programación Promoción da Artesanía 2018, dotada con 57.000 euros, que consta de dúas liñas de actuación destinadas a promover o sector artesanal da provincia, ao tempo que investimos na dinamización cultural dos concellos cunha oferta lúdica para os veciños.

- A liña de cursos e eventos artesáns, dotada de 44.000 euros, está dirixida a financiar actividades de promoción da artesanía. Estas axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva

- A liña de demostracións en vivo, dotada de 13.000 euros, permitirá realizar demostracións de ducias de especialidades. Tanto os profesionais que se encargarán de facelas como os Concellos e Asociacións solicitantes deberán inscribirse previamente

Á área de Cultura, da que é responsable a Deputada Pilar García Porto, duplicou os fondos nesta anualidade, o que permitirá ofrecer máis dun cento de cursos e demostracións de artesanía en toda a provincia. A Deputación asume todos os custos de organización e celebración do conxunto de actividades, dirixidas a impulsar e promover o sector artesanal da provincia.

Liña de cursos e eventos artesáns (LIÑA A)

- A liña de cursos e eventos artesáns está dotada con 44.000 euros. A través desta liña o Goberno da Deputación financiará a celebración de eventos de promoción da artesanía como encontros ou feiras, así como cursos de traxe tradicional popular, coiro, encaixe de palillos, cestaría, fotografía, instrumentos musicais, talla de madeira, tornaría, tear, olaría tradicional, cantaría, encadernación, pinturas e revestimentos decorativos, papel, papel artesanal, escenografía ou monicreques.

Serán os propios Concellos e Asociacións os que solicitarán estas axudas. A concesión das mesmas rexeranse por concorrencia competitiva, e decidirán a que tipo de evento destinar as axudas da Deputación.

Trátase dun modelo co que se busca dotar aos municipios e asociacións, que son os que mellor coñecen as súas necesidades, de autonomía á hora de decidir a temática dos cursos que queiran para os seus Concellos.

Pode descargar as bases e anexos premendo aquí

Liña de demostracións en vivo (LIÑA B)

- A liña de demostracións en vivo está dotada con 13.000 euros cos que se financiarán unhas 40 demostracións en vivo: coiro, olaría, cestaría, cantaría, forxa, talla de madeira, torno, tear e creación de espectáculos de monicreques, ampliando tamén o número de disciplinas á totalidade das recoñecidas oficialmente. Son demostracións que ofrece a Deputación e que escollen posteriormente os beneficiados.

Cada demostración deberá ser dun mínimo de 4 horas, será financiada en solitario polo organismo provincial con 300 euros. Isto implica que, en total, serán ao redor de 1.200 horas de demostracións.

Para solicitar estas axudas ás demostracións hai dous tipos de inscricións:

- A primeira: dirixida a todos os artesáns interesados en ofrecer as demostracións. Os participantes, quedarán inscritos nunha bolsa á que o organismo provincial recorrerá á hora de celebrar estas demostracións, co fin de garantir a igualdade de participación dos mesmos. A elección destes profesionais farase por rigorosa orde de solicitude e entrada en dita bolsa. Deberán cumprir ademais cos requisitos que se establecen nas bases.

- A segunda: será para todos os Concellos e asociacións da provincia, aos que van dirixidas estas demostracións. Poderán solicitar algunha das demostracións existentes que ofrece a Deputación e que son totalmente gratuítas para eles.

Pode descargar as bases premendo aquí

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000