Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Traxandaina

Xornada sobre a vestimenta e o Folclore

O día 7 de abril, o CENTRAD, acollerá un xornada que analizará o traxe tradicional galego, no que intervirán diversos investigadores e expertos, estes son; Isidoro Rodríguez, profesor de baile tradicional; Javier Feijoo, mestre de canto; Antonio Sanjurjo e Teresa Astorgano do colectivo Tranxandaina; Davide Salvado, artista e a coordinadora da Tradescola Mónica Fernández. Para inscribirse de xeito totalmente gratuíto é necesario cubrir o formulario que está dispoñible na web da Deputación e envíalo ao enderezo info.centrad@deputacionlugo.org. As solicitudes serán atendidas por rigorosa orden de chegada ata completar o aforo de 100 persoas.

Obradoiro de confección de saias

Ademais haberá un Obradoiro no CENTRAD de confección de saias, que será impartido polos artesáns de Tranxadaina, no que haberá practicas, así como clases que analizarán a evolución e a historia desta vestimenta. Realizarase os días 12, 13 e 19 de maio. O prazo para inscribirse de xeito totalmente gratuito, está aberto ata o día 2 de maio sendo  imprescindible enviar o formulario que está dispoñible na web da Deputación ao enderezo info.centrad@deputacionlugo.org. As solicitudes de inscrición serán atendidas por rigorosa orden de chegada ata completar o número de 6 prazas.

Visitas guiadas

Todos os interesados en percorrer esta exposición poden facelo mediante visitas guiadas que correrán a cargo dos artesáns de Traxandaina. Serán todas ás 18:00 horas, os mércores días 11, 18 e 25 de abril; os xoves días 3, 24 e 31 de maio; os martes 12, 19 e 26 de xuño. E por último os domingos 29 de abril, 27 de maio e 17 xuño ás 12:00 horas. Para asistir a estas visitas non é necesaria inscrición previa. Nembargantes, para visitas de grupos concertados debe cumplimentarse o formulario dispoñible na web da Deputación e envíalo a info.centrad@deputacionlugo.org. Todas as visitas son gratuitas.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000