Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

V CAMPUS DE EMPRENDEMENTO SOSTIBLE NAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES

A Deputación de Lugo ven desenvolvendo nos últimos meses a V Edición do Campus de Emprendemento Sostible nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, conscientes da necesidade de fixar poboación no rural na provincia de Lugo, e especialmente nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses.

Os Campus de Emprendemento Sostible caracterízanse pola metodoloxía formativa experiencial que combina sesións teóricas e prácticas, con visitas a empresas de referencia na provincia de Lugo. As empresas seleccionadas para as visitas responden a modelos empresariais economicamente rendibles, socialmente comprometidos e medioambientalmente respectuosos, ademais de establecer un foro de encontro e interacción coas persoas emprendedoras que participan nos Campus.

Esta formación, totalmente gratuíta, que se desenvolverá no Centro de Interpretación Terras do Miño no Paseo do Río Rato en Lugo.

Campus de maduración empresarial: Neste campus traballarase a maduración da idea empresarial, analizando a viabilidade comercial, técnica e legal a través da metodoloxía Canvas, o enfoque medioambiental con exemplos prácticos e a viabilidade económico-financeira cun programa informático que facilita a análise dos datos económicos a 5 anos.

Sesións teóricas: 23, 24 e 26 de abril en horario de 10:00 a 14:00 h

Visita a empresas: 27 de abril

Nº prazas: 20

Para inscribirse nesta actividade formativa, pode premer aquí:

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000