Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Lugo Termal 2017

PROGRAMA LUGOTERMAL 2017 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

O envellecemento demográfico da provincia de Lugo e seguindo coa tendencia dos últimos anos cada vez resulta máis acentuado. Este aumento da esperanza de vida debe ir da man dunha calidade de vida digna, máxime si se ten en conta que as persoas maiores teñen un peso cada vez máis importante na nosa sociedade e, polo tanto, estas persoas demandan a súa participación plena e activa nos distintos ámbitos da nosa sociedade.


A Deputación de Lugo en pro dun envellecemento activo promove diferentes medidas dirixidas a permitir que as persoas maiores desenvolvan o seu potencial de benestar físico, social e psicolóxico, centrándose na importancia de dar unha imaxe pública positiva deste colectivo, ademais, de pretender mellorar a calidade de vida das mesmas a medida que envellecen, favorecendo, deste xeito, as súas oportunidades de desenvolvemento para unha vida saudable, participativa e segura, pero principalmente promocionando a súa autonomía. O envellecemento activo implica, polo tanto, entender esta etapa da vida como un ciclo máis de crecemento persoal, engadindo "vida aos anos e non soamente anos á vida".

A provincia de Lugo conta na actualidade con os actuais establecementos balnearios, os cales están dotados dos medios adecuados, utilizando as augas minero-medicinais declaradas de utilidade pública con fins terapéuticos e preventivos para a saúde. Os balnearios son espazos propicios para obter unha maior calidade de vida e, polo tanto, os tratamentos que neles se prestan contribúen a facer realidade a concepción que da saúde ten a Organización Mundial da Saúde: un estado de completo benestar físico, mental e social (biopsicosocial).
Por todo elo, dende a Deputación de Lugo, considérase de gran importancia a posta en marcha de medidas que contribúan á promoción da autonomía persoal e o envellecemento activo, así como, a prevención e a detección precoz da dependencia, sendo estas as claves para que as persoas maiores poidan gozar dunha vida máis saudable e independente. Entre as medidas que dende esta entidade Local se desenvolven, está o programa LugoTermal 2017, o cal permite a 600 persoas acceder aos tres balnearios da provincia de Lugo: BALNEARIO Y TERMAS DE LUGO, S.L., HOTEL BALNEARIO AUGAS SANTAS, S.L, BALNEARIO DE RIO PAMBRE, S.L.


OPCIÓN A : ESTANCIA + TRATAMENTOS (189,50€ IVE ENGADIDO)

  1. Estanzas de 6 días con 5 noites
  2. As estanzas comprenderán 5 pensións completas.
  3. Con carácter xeral o domingo será o día de entrada, tendo o servizo de cea e  aloxamento incluído; o día de saída será o venres, tendo ese día o último servizo de almorzo e xantar.
  4. Con carácter xeral, 12 técnicas de saúde por estanza.
  5. Recoñecemento médico previo a aplicación das técnicas termais para cada un dos beneficiarios do programa “Lugo Termal 2017” e seguimento e informe médico final, se sé solicita.
  6. Programa de animación sociocultural de luns a xoves ambos inclusive.
  7. O establecemento termal deberá ofrecer un programa de atención para persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial.

OPCIÓN B : TRATAMENTO SEN ESTANCIA (200,00€ IVE ENGADIDO)

30 técnicas terapéuticas durante dez días, sen necesidade de estancia na entidade adherida.


REQUISITOS PARA PARTICPAR:

O solicitante titular deberá cumprir os requisitos de estar empadroado nalgún dos concellos da provincia de Lugo e ser maior de 55 anos cumpridos no momento de efectuar a solicitude.

O solicitante titular, poderá participar cun acompañante que non cumpra os  requisitos contemplados no parágrafo anterior.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Anexo I, debidamente cumprimentado.
  • 2 Fotocopias do DNI de cada solictante.

BASES DA CONVOCATORIA

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000