Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

VII Encontro Provincial de Cooperación e Asistencia aos Concellos

Dende a Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Medio Ambiente da Deputación, somos conscientes de que nos últimos anos a transparencia e o acceso á información pública está no centro do debate público. Esta é a sétima ocasión na que a Deputación organiza un encontro cos actores do mundo local sobre temas de actualidade e que atinxen ao cerne do Eido Local.

É por iso, polo que o VII ENCONTRO PROVINCIAL DE COOPERACIÓN E ASISTENCIA AOS CONCELLOS da Deputación de Lugo quere dar un paso adiante na comprensión destes momentos de cambio e servir para ofrecer alternativas aos entes locais así como ás persoas con interese no mundo local.

Moitas son as cuestións que poden ser abordadas, pero son concretamente dúas as de interese, e de actualidade, as que centran este VII Encontro: a transparencia e o acceso á información no ámbito local.

A transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os piares de calquera acción política. Só cando as accións dos funcionarios públicos son sometidas ao escrutinio, é cando os cidadáns poden saber como as decisións que os afectan son feitas, como os fondos públicos son xestionados ou baixo que criterios operan as nosas institucións, pódese falar do inicio dun proceso no que as autoridades comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda implicación das autoridades públicas.

Os países con niveis máis elevados de transparencia e boas prácticas de goberno, teñen institucións máis fortes que promoven o crecemento económico e o desenvolvemento social. Neses países, os cidadáns poden xulgar mellor e con máis criterio a capacidade dos seus empregados públicos, permitindo así un mellor control da actividade pública que contribúa á necesaria rexeneración democrática, eficiencia e eficacia do Estado, de tal xeito que se promova e incentiva o crecemento económico.

As regras sobre a transparencia teñen o seguinte alcance: aumentar e reforzar a transparencia na actividade pública, que se articula a través de obrigas de publicidade activa para todas as administracións e entidades públicas; recoñecer e garantir o acceso á información como un dereito de amplo ámbito subxectivo e obxectivo, e establecer os compromisos de bo goberno para seren cumpridas polas autoridades públicas así como as consecuencias xurídicas da súa incapacidade de cumprir, o que se fai unha esixencia de responsabilidade para todo ese colectivo que desenvolve actividades de relevancia pública.

Nestas áreas, a lei de transparencia representa un avance importante neste campo e establece normas comparables ás doutras avanzadas e consolidadas democracias.


PRAZO

Ata o 18 de outubro de 2017.

LUGAR

Salón de actos do Pazo de San Marcos.

ORGANIZA

Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Medio Ambiente.

DESTINATARIOS

Alcaldes, concelleiros, deputados provinciais, outros cargos electos, secretarios, secretarios interventores, interventores, tesoureiros e persoal ao servizo dos entes locais e do sector público local. O aforo está limitado pola capacidade do salón de actos da Deputación polo que terán preferencia os empregados públicos cuxos postos garden relación co contido do Encontro.

DIPLOMA

Aos participantes se lles expedirá pola Deputación de Lugo un diploma acreditativo da súa asistencia ao VII ENCONTRO PROVINCIAL DE COOPERACIÓN E ASISTENCIA AOS CONCELLOS.

INSCRICIÓN

Para inscribirse no encontro, pode premer aquí.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Pode consultar o programa de actividades no documento adxunto máis abaixo, en "Descarga do Arquivo".

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000