Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Aberto o prazo de solicitude ata o 27 de xullo para participar no ArteSanFroilán 2017 do Goberno da ...

O Goberno da Deputación mantén aberto o prazo de solicitude ata o 27 de xullo inclusive para os artesáns que desexen participar na mostra de artesanía ArteSanFroilán 2017, que organiza o Executivo Provincial a través do CENTRAD para promocionar e impulsar o traballo dos artesáns da provincia. Hai un banner na www.deputacionlugo.gal con toda a información e documentación necesaria.

A participación nesta mostra está reservada a profesionais cuxa produción sexa exclusivamente de creación e produción propia, e cuxo material responda ao proceso de transformación e elaboración dunha determinada materia prima; entendéndose este proceso como un cambio substancial na referida materia.

Os artesáns poden participar individual ou conxuntamente. Para a selección puntuarase favorablemente a calidade e coherencia no uso de técnicas, tecnoloxías, materiais, cores e tódolos compoñentes do proceso de elaboración das pezas. Ademais valorarase a utilización de materias primas autóctonas; pezas que permitan unha fácil interpretación e ligazón co territorio; ou a innovación tanto nos procesos e materiais empregados como no uso das tecnoloxías de información. Tamén se terá en conta a antigüidade da Carta de Artesá e se o Obradoiro está inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Unha vez comunicada a selección dos candidatos, abrirase un prazo de 7 días naturais para o ingreso da tarifa para a exposición e venda de artesanía (360 euros), así como a presentación da copia da póliza de responsabilidade civil para o desenvolvemento da actividade. Ademais haberá que presentar o xustificante do pagamento.

A mostra que contará con 25 casetas desenvolverase na praza Anxo Fernández Gómez de Lugo, do 30 de setembro ao 15 de outubro. Os horarios serán de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000