Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

O Goberno da Deputación reactiva con 23,1 millóns a economía, o emprego e os servizos sociais nos 67...

A Deputación arranca o LUGOWORK, o 1º plan de emprego xuvenil participativo da provincia

- O Presidente presentou as actuacións que o Executivo Provincial achega aos máis de 300.000 veciños dos 67 Concellos con 23,1 millóns de euros do Plan Único

 

- Son 13,6 millóns para 266 obras; 1,8 millóns para atender a 3.000 maiores coa contratación de 155 profesionais; 3,6 para xerar 315 novos empregos; 330.000 euros en impulso do turismo; 339.000 para actividades culturais e 242.000 para deportivas

 

- Campos subliñou que “o noso obxectivo, e a nosa obriga, é atender as necesidades de todos os lucenses por igual. Nós hoxe demostrámolo de xeito significativo. Isto é o que debería facer todas as institucións. Demandamos un plan único da Xunta en Lugo”

 

O Presidente, Darío Campos Conde, acompañado polos seus compañeiros no Goberno da Deputación, informou este venres sobre as actuacións que o Executivo Provincial achega aos máis de 300.000 veciños dos 67 Concellos con 23,1 millóns de euros do Plan Único para reactivar a economía, o emprego e os servizos sociais no conxunto da provincia. Son 20 millóns do organismo lugués e 3,1 dos municipios.

Campos Conde destacou que “hoxe é un día moi especial para min, para os meus compañeiros e para os veciños da provincia. Levamos meses de intenso traballo dende todos os departamentos da Deputación, colaborando cos 67 Concellos na recopilación de toda a documentación necesaria para poder levar a cabo, no conxunto da nosa provincia, proxectos de 23 millóns de euros”

“Creo que conseguimos os dous obxectivos que nos marcamos con esta programación: dar resposta ás necesidades xenéricas de todos os nosos veciños, intensificando a mellora de dotacións públicas no rural, o emprego e os servizos sociais. É dicir, atender, dende unha Deputación coas persoas, social e rural, o que outras administracións non fan na nosa provincia. Así mesmo, dar unha maior autonomía aos Concellos, como mellores coñecedores das respectivas necesidades dos municipios, á hora de determinar os proxectos a levar a cabo. E segundo obxectivo, reactivar a economía da provincia, priorizando os investimentos e establecendo que os gastos correntes fosen para a contratación de novos traballadores, cos que xerar emprego e prestar servizos sociais”.

 

13,6 millóns para 266 obras

O Goberno da Deputación leva aos 67 Concellos da provincia investimentos por valor de 13,6 millóns de euros, que representan preto do 70% dos 20 millóns que achega ao Plan Único. Esta cantidade vai a permitir a execución de 266 obras de mellora de prestacións públicas no conxunto dos Concellos, xerando ou mantendo un mínimo de 930 postos de traballo para a súa realización.

 

Atención a 3.000 maiores

Destínanse 1,8 millóns de euros para o Servizo a Domicilio a persoas non dependentes, ás que non atende a Xunta de Galicia en 66 Concellos da provincia. Este investimento vai a permitir a atención de case 3.000 maiores, así como a contratación de 155 profesionais, que prestarán este servizo. “Polo tanto, xeramos máis emprego na provincia e respondemos ás necesidades dos nosos veciños, que non atenden outras administracións”, apuntou.

 

470 empregos

A maiores dos 155 profesionais que se contratarán con orzamento destinado ao Servizo a Domicilio a non dependentes, o Goberno da Deputación asumirá con 3,6 millóns de euros que achega ao DEPUEMPREGO os custos da contratación doutros 315 traballadores cos que reforzar os servizos municipais nos Concellos. Deste xeito, xera de xeito directo un total de 470 novos postos de emprego.

 

Outros 330.000 para o turismo

O Presidente explicou que “a maiores das actuacións que levaremos a cabo no conxunto da provincia a través dos máis de 300.000 euros do Plan Estratéxico de Turismo, dos máis de 100.000 euros para os 4 xeodestinos, dos catamaráns ou doutras iniciativas que estamos a desenvolver na provincia, como o primeiro festival de música internacional que levamos á Ribeira Sacra; colaboramos con 71 citas turísticas e gastronómicas de 52 Concellos, que dinamizan a economía local. Todo isto con outros 330.000 euros do Plan Único”. 

 

119 actividades culturais

Xunto ás axudas de concorrencia competitiva ou as colaboracións co conxunto do tecido asociativo cultural da provincia, a través do Plan Único o Goberno da Deputación achega outros 339.000 euros para o desenvolvementos de 119 actividades culturais en 46 Concellos.

 

78 actividades deportivas

O Executivo Provincial fixo que a de Lugo sexa hoxe a Deputación que máis inviste en deportes, pois mantén unha grande actividade neste eido e colaboracións con todos os clubs. A través do Plan Único achega outros 242.000 euros para o desenvolvemento de 78 iniciativas deportivas en 42 Concellos.

 

Plan Único da Xunta en Lugo

Campos Conde destacou que “hoxe demostramos, de xeito significativo, que este Goberno traballa para os máis de 300.000 veciños dos 67 Concellos da provincia. O noso obxectivo, e a nosa obriga, é atender as necesidades de todos os lucenses por igual. Isto é o que deberían facer todas as institucións públicas deste país. Seguimos á espera de que a Xunta de Galicia trate por igual aos veciños de Lugo con respecto aos doutras provincias galegas, e a cada un dos lucenses que viven nos 67 Concellos. Reivindicamos, unha vez máis, unha programación autonómica, totalmente obxectiva, que garanta xustos investimentos públicos para os máis de 300.000 veciños dos 67 Concellos da nosa provincia. Demandamos un plan único da Xunta en Lugo”
 

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000