Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Aberta a solicitude dos 40 obradoiros e 31 demostracións do programa Promoción da Artesanía

O Goberno da Deputación mantén aberto, ata o 21 de maio, o prazo para participar na Promoción da Artesanía 2017, a programación coa que o Executivo Provincial, ofrece un total de 71 obradoiros e demostracións en vivo de artesanía aos 67 Concellos da provincia de Lugo, así como a todas as asociacións lucenses. Esta programación conta cun orzamento de 35.000 euros para asumir todos os custos da organización e celebración desta actividades en impulso do sector artesanal da provincia.

Esta programación está dirixida a artesáns, que entrarán nunha bolsa á que o organismo provincial recorrerá á hora da celebración dos obradoiros e demostración. A súa selección rexerase por rigorosa orde de solicitude e entrada en dita bolsa.

A outra inscrición é para todos os Concellos e asociacións da provincia que desexen beneficiarse destas actividades, que son totalmente gratuítas para os mesmos. 

De seguido, axúntanse as bases e os anexos dos artesáns e Concellos e asociacións. A documentación deberá ser presentada no Rexistro Provincial ata o 21 de maio, incluído.

Descarga de archivos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000