Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Buscas emprego na provincia de Lugo?

A Deputación de Lugo é a administración galega que máis inviste na xeración de emprego na provincia de Lugo. O Ben Empregado, o DepuEmprego e o LugoWork, aos que se achegaron preto de 21 millóns de euros de fondos propios, son algúns dos programas de emprego máis emblemáticos.

DEPUEMPREGOÉ o plan de emprego para xerar postos de traballo nos Concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. Os Concellos deciden os perfís que ofertan segundo as súas necesidades e o Goberno da Deputación asume os custes de contratación. Este programa contempla 263 postos de traballo. Os anuncios das ofertas de cada un dos Concellos prodúcense ao longo do ano e son os propios municipios os que fan a selección de traballadores. Busca o teu Concello na lista.

 

 

BENEMPREGADOCon este programa, o Goberno da Deputación asume os gastos laborais e salariais da contratación de parados lucenses durante un ano en empresas e entidades sen ánimo de lucro da provincia. Está dirixido tanto ás empresas como aos traballadores. O proceso de selección efectúase unha vez ao ano. Ademais, cada semana convócanse vacantes de emprego ás que poden apuntarse calquera desempregado da provincia. Consulta cada luns as novidades da Bolsa de Emprego.

 

 

LUGOWORKÉ un proxecto formativo dirixido á mocidade, que ofrece cursos de formación e posteriormente, a posibilidade de formalizar un contrato de traballo. Poden participar lucenses desempregados menores de 30 anos, inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil. Consulta a oferta de cursos, actualízanse ao longo do ano, así como as bases de selección de empresas da provincia que reciben axudas económicas para contratar os mozos recén formados.

 

 

 

 

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000