Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2017

A Deputación arranca o LUGOWORK, o 1º plan de emprego xuvenil participativo da provincia

O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade o pasado martes 28 de marzo as bases sobre o Plan Único que presentou o Goberno Provincial, coas que garante un investimento de 20 millóns de euros nos 67 Concellos da provincia en claro beneficio dos máis de 300.000 lucenses. Pois o Executivo fixa que canto menos o 70% deste orzamento se adiquen a investimentos, emprego e benestar. Isto supón un mínimo de 14,5 millóns, que poden incrementarse en base ás necesidades e peticións dos veciños, xa que os Concellos teñen autonomía para decidir canto e onde invisten o orzamento que lles corresponde.

Este distribuíse en base a criterios totalmente obxectivos, que foron aprobados pola FEGAMP: superficie, poboación, entidades de poboación e o índice de envellecemento. Son estes 4 os criterios de distribución dos 20 millóns de euros do Plan Único nos 67 Concellos da provincia. Establécese un máximo de 500.000 euros e un mínimo de 150.000 euros por municipio para favorecer o rural. En base a isto, os municipios de Negueira de Muñiz e Rábade, que son de menos poboación e superficie na provincia, reciben preto de 190.000 euros; e os de Monforte de Lemos, Sarria, Vilalba, Lugo e Viveiro, con máis veciños e extensión, 500.000 euros.

Melloras con respecto ao 2016

O Executivo Provincial incluiu novidades e melloras neste Plan con respecto ao ano pasado, no que distribuiu cos mesmos criterios máis de 10 millóns, co fin de avanzar na cooperación cos 67 Concellos da provincia e a asistencia aos máis de 300.000 lucenses.

A primeira novidade é o incremento ata os 20 millóns de euros nos fondos de todas as programacións obxectivas e equitativas que xa ofrecía o Goberno da Deputación a todos os Concellos e que agora integra nun único plan ou Plan Único.

Fíxase que como mínimo o 50% dos fondos que reciba cada municipio teñen que destinarse a novos investimentos, aos que deberá engadirse unha achega municipal igual ao 25% da cantidade achegada pola Deputación ao POS no 2016; e que deberán destinar canto menos a mesma cantidade que recibiron o ano pasado para o DEPUEMPREGO e SAF. Os Concellos terán total autonomía para decidir cales van a ser estes novos investimentos (obras ou subministros), tendo en conta os servizos mínimos e obrigatorios que deben prestar, así como os datos que figuran na Enquisa de Infraestrutura e Equipamento Local; así como para acordar a que destinan o financiamento restante, cuns límites, que se comentan posteriormente, para gastos correntes, como son as actividades culturais, os eventos deportivos, feiras ou festas; así como tamén o son o DEPUEMPREGO e o SAF.

Actividades culturais, deportivas, feiras ou festas

Precisamente, para que se fagan máis investimentos a través do Plan Único, o Goberno da Deputación establece que os Concellos que recibiron unha axuda no 2016 para financiar algunha actividade cultural, deportiva, feira ou festa reciban a mesma cantidade no 2017, sempre que a actividade sexa a mesma. No caso de non ter recibido axuda na anualidade pasada, poderá solicitar como máximo 8.000,00 euros para actividade culturais e 8.000,00 euros para actividades deportivas, e de 6.000 euros para feiras, mercados, festas de exaltación de produtos.

Non se poderán financiar, con cargo ao plan único actividades que empreguen animais non domésticos para exhibicións ou comercializacións, así como para espectáculos, por exemplo touradas ou circos. Tamén queda prohibido financiar aqueles eventos nos que se faga un uso sexista da identidade sexual ou con connotacións pexorativas da identidade sexual ou de xénero.

Anticipo do 80% e prazos

Os Concellos, teñen un prazo de un mes para presentaren os seus proxectos dende a publicación no BOP (30-3-17). O Goberno da Deputación ofrécelles un anticipo do 80% dos fondos totais que lles corresponden, previa solicitude do Concello. Deste xeito, inxectaranse nas arcas municipiais 16 millóns de euros de xeito practicamente inmedito.

Programas obxectivos de anualidades pasadas

A Deputación, ademais de manter o POS, incrementou notablemente, con fondos propios ou da Unión Europea, buscando novas fórmulas de financiación, as programacións para asistir por igual aos veciños dos 67 Concellos..

Cómpre subliñar que, no 2016 estas programacións obxectivas e equitativas, superaron os 10 millóns de euros. Para este ano, a previsión inicial era achegar unha cantidade mínimo e provisional de 12 millóns de euros a programacións obxectivos e equitativas nos 67 Concellos. Finalmente, a Deputación, investira 10 millóns de euros do propio orzamento para 2017 e outros 10 millóns de remanentes.

Así pois neste 2017 o conxunto das distintas programacións que ofrecíamos aos municipios pasan a integrarse nun único plan, que leva por nome Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2017.

A continuación poden consultar e descargar as bases do Plan Único de 2017 no arquivo adxunto. Calquera dúbida ou consulta relativa ao plan deberá de ser remitida ao correo electrónico planunico@deputacionlugo.org ou aos teléfonos (982260024-80) investimentos; (982260246) saf; (982260106) Depuemprego; (982260070) actividades culturais; (982260271) actividades deportivas; (982260070) turismo e (982260078) feiras e mercados; sendo a vía preferente para presentar as correspondentes dúbidas o citado correo electrónico.

Posteriormente, a resolución ás dúbidas e consultas planteadas publicarase no portal da Deputación de Lugo.

Unha vez presentada a solicitude e a documentación necesaria para a elaboración do Plan, este elevarase ao Pleno para a súa aprobación.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000