Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Aberta a solicitude para participar no novo Musiqueando da Deputación

A Deputación mantén aberto o prazo para participar no Musiqueando, o programa dotado con 100.000 euros, co que o Goberno da Deputación promociona a música popular na provincia, así como a creación de corais, bandas ou grupos tradicionais. O Musiqueando está dirixido a Concellos, asociacións ou comisións de festas, para a contratación de bandas de música, grupos corais e grupos de música tradicional, que teñan residencia na provincia de Lugo e que estean legalmente constituídas.

Os grupos de música, que queiran participar nesta programación provincial poden facelo ata o 16 de marzo, e os Concellos, asociacións ou comisións ata o 31 do mesmo mes. Os interesados en participar no Musiqueando teñen na páxina www.deputacionlugo.gal habilitado un espazo con toda a documentación a presentar no Rexistro Xeral da Deputación ou ben en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

O Goberno da Deputación asumirá o 80% dos custos de cada actuación e o 20% restante, será achegado polos Concellos, asociacións ou comisións, que soliciten ditas actuacións.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000