Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Aberto o prazo de solicitude do Ben Empregado 3, con 201 postos de traballo en 178 empresas

O Goberno da Deputación abre o luns, 23 de xaneiro, o prazo de solicitude dos 193 novos postos de traballo en 178 empresas e colectivos de toda a provincia, que ofrece a través do “Ben Empregado 3, máis social”. Trátase do programa de 2,3 millóns de euros da Deputación, co que o Executivo Provincial sufraga durante 1 ano os custos laborais pola contratación de desempregados lucenses. Todos os parados da provincia interesados poden facer a súa solicitude ata o 3 de febreiro.A distribución dos 193 postos de emprego en 178 empresas e colectivos de toda a provincia é a seguinte:

- 126 postos de emprego están dirixidos a desempregados lucenses en xeral para traballar en 116 empresas da provincia. A Deputación financiará durante 1 ano o 50% dos custos laborais. (Consulta os perfís da Liña 1A)

- 39 postos de emprego están dirixidos a lucenses no paro con capacidades diferentes ou de colectivos vulnerables (persoas con problemas físicos ou psíquicos, mulleres vítimas de violencia de xénero, ex-reclusos, ex-drogodependentes ou persoas de etnia xitana) para traballar en 36 empresas da provincia. A Deputación financiará durante 1 ano o 100% dos custos laborais. (Consulta os perfís da Liña 1B)

- 28 postos de emprego están dirixidos a desempregados lucenses en xeral para traballar en 26 colectivos sen animo de lucro da provincia. A Deputación financiará durante 1 ano o 100% dos custos laborais. (Consulta os perfís da Liña 2)

BASES E ANEXOS

Podes descargar a documentación necesaria para concorrer a estes postos de traballo na ligazón “Bases e Anexos”.

A documentación deberá ser presentada no Rexistro Xeral da Deputación, en horario de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, ou ben en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

EMPRESAS E ENTIDADES BENEFICIARIAS

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000