Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Subvencións directas NOMINATIVAS para concellos

DOCUMENTOS PREVIOS AO CONVENIO PARA SOLICITAR SUBVENCIÓN DIRECTA NOMINATIVA PARA CONCELLOS

Pode descargar estas instruccións aqui e descargar toda a documentación aqui.

  • Solicitude de concesión da subvención (achégase modelo no ANEXO I).
  • Certificación do secretario municipal do acordo de solicitrude e da identidade do representante do concello(achégase modelo no ANEXO II)
  • Autorización do representante da entidade para que, de ser preciso a Deputación de Lugo, solicite certificados de cumprimento de obrigas ca Axencia Tributaria Estatal, Facenda da Xunta de Galicia, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e co Servizo de Recadación Provincial (achégase modelo no ANEXO III)
  • Declaración do representante de estar ao corrente de obrigas, non estar incurso en prohibición para ser beneficiario segundo o establecido na Lei Xeral de Subvencións e da Lei de Subvencións de Galicia (achégase modelo no ANEXO IV)
  • Declaración de non deducir o IVE, se é o caso, e de non ser debedor por resolución de procedencia de reintegro (achégase modelo no ANEXO V)
  • Desglose de financiamento da actuación obxecto da subvención. (achégase modelo no ANEXO VI)
  • Declaración xurada doutras subvencións e patrocinios, concedidas ou solicitadas (achégase modelo no ANEXO VI-bis).Só no caso de ter patrocinios
  • Solicitude de autorización para a subcontratación de actividades subvencionadas con Terceiros (achégase modelo no ANEXO VII).
  • Fotocopia do NIF do representante da entidade
  • Fotocopia do CIF da entidade
  • Documento bancario no que se indique o número de conta da entidade beneficiaria e o seu CIF.
  • Proxecto descritivo e valorado economicamente da actividade a subvencionar datado e asinado.
  • Orzamento de ingresos e gastos da actividade (cadrado, datado e asinado), en ningún caso os ingresos poden superar os gastos.

NOTAS A TER EN CONTA:

  • Nas subvencións de importe igual ou superior a 60.000 € no caso de obras ou igual ou superior a 18.000 € no caso de servizos, deberase achegar adicionalmente:
    • Os 3 orzamentos segundo o artigo 31.3 da Lei Xeral de Subvencións.
    • Para o caso de adquisición de bens inmobles: o certificado do tasador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente Rexistro Oficial.
  • No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables (tanto para obras como para o resto de investimento), antes da concesión da subvención hai que:
    • Acreditar a propiedade ou dereitos de uso idóneos.


NOTA: procurarase que a sinatura do correspondente convenio se formalice por medios electrónicos

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000