Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

PERFIL DO CONTRATANTE

En cumprimento do disposto no artigo 334 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, e de conformidade co establecido na disposición adicional terceira da Lei 20/2013, do 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado, o Perfil do Contratante da Deputación Provincial de Lugo pasa a integrarse na Plataforma de Contratación do Sector Público. Por este motivo, a información relativa aos novos procedementos de contratación que inicie a Deputación Provincial de Lugo, xestionaranse e publicaranse unicamente a través de esta plataforma.

Para acceder ao novo Perfil do Contratante da Deputación Provincial de Lugo , integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público, deberá premer nas seguintes imaxes en función do órgano de contración que corresponda:

XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE LUGO PLENO DA DEPUTACIÓN DE LUGO
pc pc


ACCESO AO ANTIGO PERFIL DO CONTRATANTE

Non obstante ao anterior, a información relativa aos procedementos de contratación en curso, seguirá a publicarse no antigo perfil do contratante da Deputación Provincial de Lugo ata que se produza a finalización dos mesmos.

Unha vez rematados todos os procedementos de contratación en curso, o antigo perfil do contratante desta entidade provincial, manterase como ferramenta de consulta das licitacións iniciadas con anterioridade á integración na Plataforma de Contratación do Sector Público e como instrumento que permita realizar as publicacións que, en materia de contratación, sen obriga legal e con carácter potestativo, se estimen convenientes, por razóns de transparencia. Para acceder ao antigo Perfil do Contratante da Deputación Provincial de Lugo, deberá premer na seguinte imaxe.

pc




Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000