Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica Consultas cidadás Boletín Oficial da Provincia de Lugo Emprego público Perfil do Contratante

Lugo

¿Coñeces Lugo? Neste apartado dispós de ampla información sobre cada un dos municipios lucenses e dos atractivos que convirten esta provincia en única.

Lugo

ver Lugo

Sede Electrónica

Infórmate dos trámites en liña que a Deputación pon á túa disposición. Desta maneira, cando teñas que facer xestións oficiais aforrarás tempo e contarás con total garantía de eficacia e seguridade.

Sede Electrónica

ver Sede Electrónica

Entra na Deputación

Consulta a súa organización, os proxectos nos que está a traballar e a actividade doutros centros dependentes do organismo provincial.

Entra na Deputación

ver Entra na Deputación

Novas

Para estar ó día de todos os proxectos do Goberno provincial, non tes máis que acceder a este apartado. Coñecerás puntualmente a actividade dos distintos departamentos.

Novas

ver Novas

Hoxe

05/03/2015

Monterroso contará con instalacións públicas para dependentes asistidos grazas a 250.000 euros da Deputación

Monterroso contará con instalacións públicas para dependentes asistidos grazas a 250.000 euros da Deputación

- Besteiro e Gato avanzaron a rehabilitación do inmoble anexo á residencia e centro de día; 3 dotacións sociais públicas que integrarán o Fogar Residencial de Monterroso, onde se atenderán a 45 maiores con autonomía ou dependentes, dando emprego a 15 persoas
- Aínda que a Xunta se negou a colaborar de calquera xeito coa residencia pública, o Concello púxoa en marcha con axuda da Deputación e o anterior Goberno central, e xestiónaa directamente, garantindo o seu acceso con prezos de entre 400 e 800 euros
- O centro de día, con 20 usuarios e prezos de entre 100 e 200 euros, ou o servizo de comida a domicilio, do que se benefician case 20 veciños, son outras das prestacións sociais públicas que xestiona directamente o Concello monterrosino

Leer máis

05/03/2015

Intensa fin de semana “verde” da Deputación no Centro de Interpretación Terras do Miño, Mazo de Santa Comba e Casa das Insuas

- Conferencias sobre compostaxe caseira; actividades ao aire libre para nenos, visitas teatralizadas e roteiros son algunhas das actividades gratuítas que o organismo provincial celebra entre o 5 e o 8 de marzo nestes tres centros
- Os interesados en participar poden atopar máis información e reservar as súas prazas en www.deputacionlugo.gal, ou nos teléfono 982 227 812; 630 948 293 e 600 034 907

Leer máis

05/03/2015

A Deputación presenta un libro que percorre a historia de Cántigas e Aturuxos no ano do seu centenario

A Deputación presenta un libro que percorre a historia de Cántigas e Aturuxos no ano do seu centenario

- Regina Polín, xunto ao editor Xosé Manuel Aldea e o escritor Ramón González, presentou hoxe a primeira publicación que aborda polo miúdo o percorrido do coro e que se acompaña dun CD con antigas gravacións
- Coro Cántigas e Aturuxos. Repertorio Lucense. 1918 recompila libros de actas, vellas fotografías ou aparicións na prensa da época . Inclúe un CD con 20 temas que recuperan os primeiros rexistros sonoros do coro
- A presentación do libro é un dos actos programados en homenaxe a esta agrupación musical, xunto con actuacións doutros coros históricos e unha exposición no CENTRAD

Leer máis

04/03/2015

Martínez: “A transparencia chegou á Deputación co actual Goberno. O PP non sabe nin o que significa”

- O organismo provincial facilita aos populares acceso a información “todos e cada un dos días laborables do ano. É imposible ofrecerlles máis, sen que iso supoña colapsar o funcionamento da Administración”
- “Co Partido Popular, esta era unha institución hostil e entorpecedora para o Valedor. Hoxe somos a 6ª Deputación máis transparente de España, como certifica unha organización de prestixio recoñecido como Transparencia Internacional. O salto foi estratosférico”
- “Faría ben a voceira do PP en esixir a mesma dilixencia ao seu partido nos concellos onde goberna e na Xunta. O Goberno de Feijóo retén o 95% dos documentos que lle reclama a oposición, e iso por non falar do plasma de Rajoy”

Leer máis

04/03/2015

A elite de Internet debaterá en Lugo sobre a innovación dixital

- A Deputación de Lugo acollerá o 10 de marzo unha xornada na que se analizará a influencia da tecnoloxía e da rede na capacidade de modernización da sociedade a todos os niveis
- José Luis Rodríguez Salas, o alcalde máis seguido en Twitter de España; os autores do blog Yo fui a EGB e o experto en motivación e marca persoal Alfonso Alcántara serán algúns dos participantes
- A asistencia é gratuíta pero limitada polo aforo do Salón de Actos de San Marcos, polo que haberá que reservar praza en www.deputacionlugo.gal. O evento será retransmitido en streaming e por redes sociais

Leer máis

04/03/2015

O Rexistro da Deputación recibiu preto de 3.000 solicitudes para os contratos do Ben Empregado!

O Rexistro da Deputación recibiu preto de 3.000 solicitudes para os contratos do Ben Empregado!

- A cantidade final de peticións aumentará cando se contabilicen as entregadas nos Rexistros doutras administracións e as enviadas por correo postal
- A Deputación habilitou unha unidade de Rexistro Xeral adicional dotada con 15 persoas para atender con axilidade o aluvión de persoas que se presentou ao plan de emprego
- Tras rematar o prazo de inscrición, publicaranse na web www.deputacionlugo.gal as listas de admitidos e excluídos, e arrancará o proceso de selección

Leer máis

04/03/2015

A Deputación solicita un obradoiro da Xunta para favorecer a inserción laboral de 24 mozos no eido das TIC

A Deputación solicita un obradoiro da Xunta para favorecer a inserción laboral de 24 mozos no eido das TIC

- A acción formativa está dirixida a persoas de entre 18 e 25 anos de idade, e de ata 30 no caso de ter unha discapacidade. Recibirán 960 horas de teoría e práctica durante 6 meses, nos que percibirán 648 euros mensuais, segundo avanzou a Vicepresidenta
- Nesta nova iniciativa “camiñamos da man de COGAMI”, pois a entidade social sen ánimo de lucro cede as súas instalacións de Fingoi, en Lugo, e de Monforte e Xove para impartir o obradoiro, o que facilita “ao máximo o acceso á formación”
- “Queremos ofrecer capacitación en novas tecnoloxías porque é un dos sectores con maiores perspectivas de creación de emprego da nosa provincia. Cada vez máis empresas piden este perfil”, subliñou Lara Méndez

Leer máis

03/03/2015

A Deputación mellora a estrada de Antas de Ulla por Santa Cristina a Rodeiro, beneficiando aos 500 veciños da zona

A Deputación mellora a estrada de Antas de Ulla por Santa Cristina a Rodeiro, beneficiando aos 500 veciños da zona

- García Porto supervisou as actuacións que a institución provincial executa con medios do Parque Móbil e que consisten na rexeneración do firme e limpeza de cunetas
- A Deputada avanzou que “tras rematar estas obras, comezaremos coa recuperación integral dos 10 quilómetros da LU-P-0302, de Antas por Santa Mariña a Borraxeiros”
- A institución financiou con 32.000 euros do plan en impulso do rural e do sector primario a recuperación de 80.000 m2 de terras baldías e a mellora de dotacións públicas de Antas de Ulla

Leer máis

03/03/2015

A Deputación conmemora o centenario do coro lucense Cántigas e Aturuxos, o primeiro en gravar o Himno Galego

A Deputación conmemora o centenario do coro lucense Cántigas e Aturuxos, o primeiro en gravar o Himno Galego

- Regina Polín presentou os actos de recoñecemento ao “coro máis importante e participativo da época, e da historia da cidade de Lugo”. Desexou que a súa música “non caia no esquecemento e siga vixente a súa memoria musical lucense e galeguista”
- Entre os actos programados para esta homenaxe inclúese a publicación dun libro de Ramón González González, a actuación de coros históricos no Salón de Actos da Deputación e unha exposición que acollerá o CENTRAD

Leer máis

01/03/2015

Unhas mil persoas interesáronse na mostra da Capela de Santa María polo traballo dos ferreiros da provincia

Unhas mil persoas interesáronse na mostra da Capela de Santa María polo traballo dos ferreiros da provincia

Coa exposición Mans de Ferro, que reuniu unhas 150 pezas de 31 ferreiros lucenses, a Deputación rendeulle homenaxe a un oficio “que pode ofrecer moitas alternativas de futuro”

Leer máis

Máis novas

Innovate 2 Deputación de Lugo. Este enlace será aberto nunha nova ventá UE. Este enlace será aberto nunha nova ventá

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000