21/05/2012
Gómez Besteiro asinou o convenio que pon en marcha o programa Km0 Balnearios no Camiño, que favorece o acceso dos maiores a programas de saúde e benestar nos balnearios da provincia
O termalismo ten un gran peso específico no sector turístico lucense, recibindo unha media de 120.000 usuarios ó ano, o que o converte nun importante factor de crecemento económico
Os lucenses maiores de 50 anos e os seus acompañantes poderán beneficiarse de descontos de 43 euros nos balnearios de Lugo, Pantón, Guitiriz e Palas de Rei dende xuño a decembro
Os interesados poderán inscribirse por Internet, a través da web http://www.deputacionlugo.org/, ou de xeito presencial no Rexistro do Pazo de San Marcos a partir do mércores 23 de maio
21/05/2012
Os rapaces, de entre 3 e 17 anos, pertencen a 6 centros educativos de Monforte, Quiroga, Viveiro, Burela, Lugo e Mondoñedo
O Deputado de Cooperación recibiu hoxe a 55 rapaces do IES monfortino Daviña Rey e a outros 55 do CEIP quirogués, que redescubriron Guitiriz e Burela, respectivamente
20/05/2012
Ademais, quedan abertas varias operacións de compra con importadores de Rusia que, previsiblemente, incrementarán os beneficios da iniciativa que hoxe clausurou Pilar García Porto
O financiamento de ambas as dúas institucións luguesas permitiu a celebración da que foi a única mostra do moble para profesionais do sector no norte de España durante 2012
20/05/2012
As case 220.000 persoas que visitaron Dolce Vita, segundo datos da xerencia, descubriron as rutas de sendeirismo, as casas de turismo rural, as pallozas ou os produtos autóctonos da zona
Esta iniciativa inclúese nas actividades de difusión das Reservas da Biosfera do convenio co Ministerio de Medioambiente de 1 millón de euros, cofinanciados nun 66% por fondos estatais
19/05/2012
O organismo provincial achega 6.000 euros a esta iniciativa, facendo posible que o Concello sarriano e Foro Xurídico Diego Pazos poidan reeditala os días vindeiros días 1 e 2 de xuño
Val Alonso subliña que “estas xornadas fan da provincia a capital xurídica de España e xeran riqueza coa visita de centos de personas que non queren perder esta oportunidade única”
A programación, que versa sobre o Dereito de Sucesións, arrancará o venres coa intervención do Fiscal Xeral do Estado e pechará o sábado, ás 13:30 horas, co Presidente da Deputación de Lugo
19/05/2012
Os nenos, de 7 a 10 anos, coñeceron hoxe Fonmiñá, a lagoa de Cospeito, Finca Galea de Alfoz e o Centro de Interpretación Terras do Miño, en Lugo, facendo unha xincana
Os exploradores recibiron da man da Deputada de Medio Ambiente un diploma que acredita os seus coñecementos sobre a Reserva e como coidar o entorno
A cuarta e última xornada, para a que xa están as prazas cubertas, terá lugar o 26 de maio e está dirixida ós nenos da Mariña
18/05/2012
A proposta de Besteiro, o Goberno Provincial aproba unha declaración na que rexeita a supresión de xulgados lucenses e coa que insta a Feijóo a intervir no proceso de definición das sedes xudiciais tal e como xa lle demandou a FEGAMP ó Presidente galego
Máis gastos, menos dereitos e servizos públicos, xustiza para ricos, destrución de emprego e incremento do despoboamento son as “consecuencias irreversibles” da proposta do Partido Popular
Martínez subliña que o proxecto do PP, que recorta de 9 a 2 os xulgados na provincia, presenta contradicións porque en Lugo sobrepasaríanse os 100.000 habitantes por demarcación xudicial e non se contarían con 8 xuíces como mínimo nin sumando os de Vilalba, Mondoñedo e Viveiro
17/05/2012
Porto e Dopeso inauguran a Feira do Moble de Lugo, a 3º mostra dirixida a traballadores do sector que se celebra este ano no país tras anularse as de Alicante, Madrid, Sevilla e A Estrada
Segundo datos oficiais, Galicia conta con 1.500 empresas de ebanistería, moble e elementos mobiliario que dan traballo a case 5.800 persoas e xeran beneficios de 290 millóns de euros
Distribuidores nacionais e internacionais, destacando a presenza de 3 firmas rusas que contan con 90 tendas en dito país, avalian a oferta dos 45 profesionais que expoñen os seus produtos
16/05/2012
Técnicos da Deputación granadina visitaron a institución luguesa para coñecer de primeira man o potencial que ofrece a primeira plataforma provincial de comercio electrónico
A delegación andaluza tamén visitou algunha das firmas de www.losproductosdelugo.com para escoitar as positivas valoracións que estas empresas fan da súa adhesión á plataforma
Esta iniciativa de venda na Rede contribúe decisivamente ó desenvolvemento da economía lucense, abrindo novos mercados ás empresas, mantendo empregos e fixando poboación no rural
16/05/2012
Val Alonso entrega ó líder da banda 1.000 copias do traballo incluído en “Son Lugueses”, a colección de proxectos musicais que edita e financia a TIC en apoio ós artistas lugueses
Baixo o nome de Supervivencia, o disco recolle dez temas de música alternativa do monfortino Caetano Vázquez que, proximamente e en 1º lugar, presentará na súa cidade
¿Que lle parece que o Goberno Central obrigue ós pensionistas a re-pagar as súas menciñas debido á crise?