Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

TURISMO NA PROVINCIA

Coñeces Lugo? Cada un dos municipios lucenses posúe atractivos que convirten esta provincia en única.

ver TURISMO NA PROVINCIA

SEDE ELECTRÓNICA

Infórmate dos trámites en liña que a Deputación pon á túa disposición. Desta maneira, cando teñas que facer xestións oficiais aforrarás tempo e contarás con total garantía de eficacia e seguridade.

ver SEDE ELECTRÓNICA

COÑECE A DEPUTACIÓN

Consulta a súa organización, os proxectos nos que está a traballar e a actividade doutros centros dependentes do organismo provincial.

ver COÑECE A DEPUTACIÓN

NOVAS

Para estar ó día de todos os proxectos do Goberno provincial, non tes máis que acceder a este apartado. Coñecerás puntualmente a actividade dos distintos departamentos.

ver NOVAS

Hoxe

22/09/2017

O Goberno da Deputación levou nun ano 675.000 euros a Samos para mellorar os seus servizos públicos

O Goberno da Deputación levou nun ano 675.000 euros a Samos para mellorar os seus servizos públicos

- Para melloras en infraestruturas, o Executivo Provincial levou nun ano a Samos 317.000 euros, cos que melloráronse camiños e accesos a núcleos poboacionais
- Campos Conde e Gallego Moure supervisaron as vivendas comunitarias e apartamentos tutelados, que o Goberno da Deputación financia con 70.000 euros para o seu mantemento, cos que se atende a 17 maiores e xéranse 6 novos empregos
 - O Executivo Provincial achegou 45.000 euros en novas dotacións públicas, como a instalación de 74 puntos de luz LED nas parroquias de Aían e Castroncan ou a adquisición de equipos informáticos para a Biblioteca municipal, entre outras
- 40 maiores, aos que non atende a Xunta, recibiron atención profesional co Servizo a Domicilio e a Teleasistencia, que financiou con 28.000 euros o Goberno da Deputación
- Son 8 os novos postos de traballo que xerou o organismo provincial en empresas, colectivos e no propio Consistorio, asumindo con 105.000 euros os custos laborais

Leer máis

22/09/2017

O Goberno da Deputación axuda con 50.000 euros a lucenses con Alzheimer a través dos colectivos da provincia

O Goberno da Deputación axuda con 50.000 euros a lucenses con Alzheimer a través dos colectivos da provincia

- López Izquierdo destacou este xoves, Día Mundial do Alzheimer, que o Executivo Provincial colabora con todas as asociacións da provincia que ofrecen atención profesional a lucenses con esta doenza, así como aos seus familiares
- O Goberno da Deputación colabora AFA-Chantada, AFA-Monforte, AFA-Viveiro e AFA-LU. A Deputada de Promoción Económica e Social estivo hoxe con usuarios deste último colectivo, que conta con 5 centros na capital, Friol, Vilalba e As Nogais 
- A fachada do Pazo de San Marcos tínguese de morado, sumándose aos actos conmemorativos polo Día Mundial do Alzheimer

Leer máis

21/09/2017

O Goberno de Deputación achega 655.000 euros á dotación  de novo saneamento ao Concello de Monforte de Lemos

O Goberno de Deputación achega 655.000 euros á dotación  de novo saneamento ao Concello de Monforte de Lemos

- Son, por unha banda, 500.000 euros que achega ao convenio de 1,4 millóns co Concello de Monforte e a Confederación Hidrográfica; así como outros 155.000 euros do Goberno Provincial para ampliar as melloras na rede municipal
- Co proxecto de 1,4 millóns, crearase un novo sistema de saneamento das rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Juan Montes e Padre Feijóo que se estende á varias rúas da zona de San Pedro, grazas aos outros 155.000 euros do Goberno Provincial
- Campos Conde destacou que “a través destes traballos, dotaremos a Monforte de Lemos dunha nova rede de saneamento, do que se beneficiarán directamente os máis de 18.000 monfortinos e reducirase a contaminación do Cabe”
- Tomé Roca agradeceu a colaboración das administracións nestes traballos “tan necesarios para conseguir mellorar os servizos municipais e mellorar un dos recursos máis importantes do Concello, o noso río”
- O Presidente da Confederación afondou na necesidade destes traballos e recoñeceu que a achega desta administración se corresponde coas multas e sancións interpostas ao municipio durante anos, reinvestindo, polo tanto, os fondos do propio Concello

Leer máis

21/09/2017

O Goberno da Deputación promove a riqueza natural e paisaxística da Ribeira Sacra co I Trail Galaica de Pantón

O Goberno da Deputación promove a riqueza natural e paisaxística da Ribeira Sacra co I Trail Galaica de Pantón

- O evento, que terá lugar o vindeiro domingo 24 de setembro, reunirá a un centenar de corredores, tratándose da última proba do Circuíto Galego de Carreiras de Montaña
- Vidal Baamonde subliñou que “a través deste trail damos a coñecer paraxes únicas como o entorno do río Miño, a Fervenza da Auga caída e os viñedos da Ribeira Sacra lucense, que serán os protagonistas da proba final do circuíto autonómico”
- Haberá dous percorridos: un trail curto ou minitrail de 15-16 quilómetros e un trail de 21-24 quilómetros. As inscricións permanecerán abertas ata mañá  ás 14:00 horas, na páxina web www.trailgalaica.com A día de hoxe xa hai máis de 70 inscritos
- O organismo provincial é o principal patrocinador desta proba deportiva cunha achega de 6.000 euros, colaborando así mesmo con outros eventos deportivos no municipio como actividades estraescolares de ximnasia, zumba, ou patinaxe

Leer máis

21/09/2017

O Goberno da Deputación promove unha nova edición do curso de cans de pastoreo en Santa María de Cospeito

Os interesados en participar nesta actividade, que se celebrará o vindeiro domingo 24 de setembro, deberán formalizar a súa reserva en 660541534 ou victordagrelo@hotmail.com

Leer máis

20/09/2017

O Goberno da Deputación promove a visibilidade do Alzheimer tinguindo de morado a fachada de San Marcos

O Executivo Provincial súmase aos actos deste xoves con motivo da celebración do Día Mundial do Alzheimer

Leer máis

20/09/2017

O Goberno da Deputación xera outros 12 novos empregos na provincia co Ben Empregado e o DepuEmprego

O Goberno da Deputación xera outros 12 novos empregos na provincia co Ben Empregado e o DepuEmprego

- ​Son, concretamente, 4 postos do DepuEmprego en ​Taboada e Trabada; e 8 co Ben Empregado: camareiro e oficial forestal de 1ª en Monforte de Lemos; peón agrario no Saviñao; camareiro en Castro de Rei; axudante da camareira na Fonsagrada; operador de explotación forestal en Trabada; axudante de perruquería en Riotorto; peón forestal na Pontenova
- Os interesados en concorrer aos postos de Taboada e Trabada, teñen toda a información no seu Concello. Para o resto, que son do Ben Empregado, deberán cubrir o formulario que se atopa en www.deputacionlugo.gal

Leer máis

20/09/2017

O Goberno da Deputación critica que Balseiro presuma do investimento obxectivo da Xunta de Galicia en Lugo cando representa o 1,66% dos fondos

- Santos Ramos explicou que esta porcentaxe refírese ao total de fondos que achega a Xunta de Galicia á provincia de Lugo durante 1 ano, uns 1.200 millóns de euros
- O voceiro do Goberno apuntou que “fronte a esta inversión, dende o Goberno da Deputación, a través do Plan Único, achegamos outros 20 millóns de euros, que representan o 25% do orzamento provincial”
- Santos Ramos criticou que Balseiro defenda un investimento para a provincia de 1.200 millóns, o 13% dos 9.063 millóns de presuposto da Xunta de Galicia, “unha clara discriminación fronte o resto de provincias galegas”

Leer máis

20/09/2017

O Goberno converte á Deputación na principal patrocinadora do Folión das Fachas do Saviñao

O Goberno converte á Deputación na principal patrocinadora do Folión das Fachas do Saviñao

- O evento, que terá lugar o venres a partir das 21:00 horas, contará cunha pancetada e coa actuación dos grupos de música tradicional Tiruleque, Os podridos e Gaiteiros Modernos. Á media noite acenderanse as fachas e subirase á cima do Castro da Besta
- García Porto subliñou que “impulsamos este evento dentro da nosa aposta por promover e dar a coñecer as tradicións e a cultura popular dos nosos Concellos. Esta é unha das liñas de actuación que establece o Plan Estratéxico de Turismo”
- O organismo provincial é o principal patrocinador desta cita, que reunirá a centos de persoas no municipio, pois trátase dun evento con marcada tradición no municipio, cunha achega de 3.000 euros. Pola súa parte, o Concello colabora con 300 euros

Leer máis

Máis novas

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000