Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

TURISMO NA PROVINCIA

Coñeces Lugo? Cada un dos municipios lucenses posúe atractivos que convirten esta provincia en única.

ver TURISMO NA PROVINCIA

SEDE ELECTRÓNICA

Infórmate dos trámites en liña que a Deputación pon á túa disposición. Desta maneira, cando teñas que facer xestións oficiais aforrarás tempo e contarás con total garantía de eficacia e seguridade.

ver SEDE ELECTRÓNICA

COÑECE A DEPUTACIÓN

Consulta a súa organización, os proxectos nos que está a traballar e a actividade doutros centros dependentes do organismo provincial.

ver COÑECE A DEPUTACIÓN

NOVAS

Para estar ó día de todos os proxectos do Goberno provincial, non tes máis que acceder a este apartado. Coñecerás puntualmente a actividade dos distintos departamentos.

ver NOVAS

Hoxe

12/12/2017

Preto de 200 veciños de Taboada participan nas Escolas Deportivas coas que colabora o Goberno da Deputación

deputacion-visita Taboada escolas deportivas

- O Deputado de Deportes mantivo un encontro con usuarios do ximnasio municipal, onde se imparten as actividades de aeróbic, step, zumba, ximnasia de mantemento, spining e pilates. A programación inclúe actividades infantís e para adultos

- O Goberno da Deputación colabora co Concello cunha achega de 1.200 euros na organización das diferentes actividades que se ofertan a través das Escolas. Este ano, como novidade, incorporáronse as modalidades de TRX e running

- Rivera Capón informou que a este investimento en deporte cómpre engadir os 170.000 euros que achega o Executivo á mellora do campo de fútbol da Medela e 9.000 euros para a celebración do Campionato Galego de Inverno de Piragüismo

Leer máis

12/12/2017

O Goberno da Deputación promove os produtos autóctonos coa Feira do Capón de Vilalba que reunirá a centos de persoas

121217 FOTO PRESENTACIÓN FEIRA CAPÓN

- O evento, que terá lugar o 21 de decembro, contará cos mellores exemplares destes animais criados con máximo coidado e que acadan prezos entre os 80 e os 120 euros, poñéndose á venda uns 800 exemplares, cun peso entre os 4 e os 6 quilos

- Vidal Baamonde subliñou que “dende o Goberno da Deputación apostamos pola celebración deste tipo de citas coas que dinamizamos o rural lugués, ao mesmo tempo que promovemos a comercialización de produtos autóctonos, de primeira calidade”

- O organismo provincial colabora na organización desta cita cunha achega de 3.000 euros, para promover os produtos autóctonos e dinamizar a economía da provincia, pois nesta feira rexístrase un volume de negocio próximo aos 80.000 euros

- Os asistentes á feira tamén poderán adquirir produtos da zona como queixo de San Simón dá Costa, roscón, roscas e outros produtos artesanais nos postos instalados. Ademais, nos establecementos de Vilalba servirán do 20 ao 23 tapas de capón

Leer máis

11/12/2017

Novo paso para a disolución e integración da TIC na Deputación coa aprobación da modificación dos estatutos

111217 PHOTO-00000210

- Campos Conde presentou ao padroado da TIC, que convocou para hoxe, a proposta de modificación dos estatutos deste organismo que foi aprobada

- Trátase dun novo paso neste proceso. Agora, correspóndelle á Xunta de Galicia aceptar a modificación nos Estatutos e, por último, a Corporación Provincial terá que aprobar no Pleno a subrogación do persoal como da actividade da TIC

 

Leer máis

11/12/2017

O Goberno da Deputación renova a traída de auga no barrio da Enfermería en Meira

111217 IMG_3709

- Santos Ramos apuntou que “facémolo a pesares de que é a Xunta de Galicia quen debería actuar pois é a administración que cobra o canon da auga aos veciños da nosa provincia, canon que en vez de ser reinvestido na mellora das traídas e redes de auga do rural, reparten a dedo en Concellos gobernados polo PP”

- Aprobáronse tamén obras por valor de 163.000 euros para melloras nunha estrada de Riotorto, accesos a núcleos rurais de Monterroso, Monforte de Lemos, Cervantes, a Pastoriza e A Fonsagrada, así como un local social en Quiroga

Leer máis

11/12/2017

Goberno da Deputación e Concello do Incio enchen de maxia o municipio, co II Festival da Maxia

111217 Deputación-presentación festival maxima do INCIO

- García Porto e Celeiro García presentaron este luns a programación desta nova edición, que conta coa colaboración do Executivo da Deputación

- Serán un total de 4 as actuacións que se desenvolverán noutras tantas parroquias do Concello, e que terán lugar entre o 16 e o 30 de decembro

- O Mago Deimi, o Mago Lolo, o Mago Teto e o Mago Carlos, serán os participantes neste festival, que é totalmente gratuíto

Leer máis

11/12/2017

Lugo acollerá por primeira vez a Copa Princesa de Voleibol co apoio do Goberno da Deputación e Concello

111217 PRESENTACIÓN-COPA-PRINCESA

- O evento, que terá lugar os días 6 e 7 de xaneiro no Pavillón Municipal da capital luguesa, reunirá aos 4 mellores clubs a nivel nacional da Superliga 2 feminina: CV Emevé, CV Madrid Chamberí, CV Elche Viziusport (Alicante) e CV Xátiva (Valencia)

- Rivera Capón subliñou que “a organización deste evento supón un colofón a todo o traballo que vimos realizando en prol do deporte feminino. A Deputación de Lugo vai a estar ao carón de todos os equipos que aposten pola igualdade e a inclusión”

- Fernández Méndez destacou “a promoción que suporá para a cidade, pois vannos a visitar persoas doutras partes do país, o que supón unha oportunidade de difusión. Agardamos gocen do patrimonio e gastronomía e queden con gañas de volver”

- A Copa Princesa, que chega á súa décimo primeira edición totalmente consolidada, é uns dos seis títulos máis importantes da tempada do Voleibol a nivel nacional

- O Goberno da Deputación e do Concello achegan 70.000 e 45.000 euros, respectivamente, ao Club Voleibol Emevé para financiar os gastos da tempada e a celebración deste evento, que terá unha importante repercusión deportiva e mediática

Leer máis

11/12/2017

O Goberno da Deputación resolve todas as incidencias rexistradas na rede viaria provincial por mor do temporal

- Foron unhas 44 alertas as rexistradas durante esta xornada, relacionadas na súa maioría con caídas de árbores, inundacións e pequenas acumulacións de neve

- O Executivo reforzou os traballos en estradas de Cervantes, no que houbo arrastre de terras e cinzas, que proveñen dos lumes que arrasaron centos de hectáreas deste municipio

- A pesares de que a situación está totalmente controlada e se pode circular con normalidade polas estradas provinciais, o Goberno da Deputación continuará durante toda a xornada, atendendo todas as incidencias que se produzan

Leer máis

07/12/2017

A Fundación ANADE recoñece a labor de integración da Deputación na Rede Museística

071217 DSC_0014

- Trátase do VIII Premio Integración social 2017 que outorga a Fundación ANADE á Rede Museística da Deputación por todos os proxectos en defensa da plena inclusión que ofrece durante todo o ano nos 4 museos da provincia

- García Porto subliñou que “a Rede Museística da Deputación é un exemplo de implicación e colaboración cos diferentes colectivos de persoas con capacidades diferentes, así como un modelo de accesibilidade a todos os cidadáns en Galicia”

-“Estas políticas sociais que lidera e promove o Presidente non só se levan a cabo dende o departamento de Benestar, pois dende distintas áreas como Emprego, Cultura e Deporte traballamos pola integración de calquera colectivo en risco de exclusión social e laboral”

- Este galardón forma parte dos 5 recoñecementos que recibiu no último mes a Rede Museística da Deputación pola súa importante labor social no tecido asociativo

Leer máis

05/12/2017

O Presidente leva a súa proposta de Orzamento para 2018 ao Pleno ordinario de decembro, que adianta

051217 FOTO-FIRMA-SABADELL

- Campos Conde adiantou que o presuposto propio da Deputación para o vindeiro ano é de case 79,5 millóns de euros, baixando nun 1 millón con respecto ao 2017 polos recortes nas aportacións do Estado

- O Presidente estableceu como liñas de actuación do novo orzamento o fomento do emprego, dos servizos sociais e das infraestruturas nos 67 Concellos para “responder por igual ás necesidades dos máis de 300.000 veciños da provincia”

- 11 millóns serán para o Plan Único que “tal e como fixen no 2017, incrementarei con remanentes, intentando superar os 20 millóns de euros” salientou. Este ano, o plan xa se financiou con 10 millóns de fondos propios e 10 millóns de remanentes

- O Goberno fai que os investimentos da Deputación na provincia con fondos do 2017 acaden os 128 millóns tras asinar hoxe unha operación de crédito de 15 millóns. “No 2018, seremos de novo a institución galega que máis investimentos reais e tanxibles fai no territorio lugués, facendo que a Deputación siga sendo o motor social da provincia”

 

Leer máis

05/12/2017

Merca e Gaña polo Nadal fomenta as compras no comercio local con 10.000 euros en premios para reinvestir nos establecementos

051217 DSC_0058

- É a campaña de sensibilización cidadá que promove a Deputación a través de todos os colectivos da Federación de Comercio, e coa colaboración do Concello na capital, co obxectivo de impulsar os máis de 5.500 establecementos da provincia

- Inclúe distintos soportes promocionais para incentivar as compras no comercio local e premios de ata 10.000 euros para reinvestir nos propios establecementos

- O Deputado de Relacións Institucionais, o Presidente da Federación de Comercio e a Concelleira de Economía presentaron este martes a campaña na capital onde participarán os máis de 700 establecementos existentes que dan emprego a unhas 1.750 persoas

Leer máis

Máis novas

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000