23/05/2013
O Presidente provincial e o da fundación Escola de Organización Industrial (EOI), dependente do Ministerio de Industria, asinaron un convenio para desenvolver o proxecto Dinamización do Tecido Produtivo de Lugo, financiado nun 80% por fondos europeos
O programa formará a máis dun centenar de desempregados para que asesoren ás PEMES e autónomos na mellora da súa competitividade e beneficios, e, ó rematar as actuacións, eles mesmos poidan crear a súa propia empresa
Gómez Besteiro subliñou que este ambicioso plan, que se desenvolverá entre este ano e o 2014, é “un novo froito da solvencia da nosa xestión, e do continuo esforzo por captar investimentos para xerar emprego e potenciar o desenvolvemento económico da provincia”
23/05/2013
Antonio Veiga urxe unha xuntanza coa Subdirección Xeral de Servizos Sociais para estudar o convenio de cofinanciamento de servizos comunitarios proposto polo Goberno galego
“Non estamos dispostos a apoiar un convenio que case non coñecemos e que pon en risco de exclusión a milleiros de lucenses do rural”
Lara Méndez denuncia que a Xunta reduce en 800.000 euros os fondos dedicados a políticas de emprego na provincia
23/05/2013
As 200 prazas previstas inicialmente esgotáronse en apenas seis horas, polo que se poñen a disposición dos interesados outras 150 para poder seguir en directo o conrgeso a través da pantalla xigante que se instalará no Salón de Plenos
Os que desexen seguir o congreso desde as súas casas poderán facelo de xeito gratuíto grazas á retransmisión en streaming, é dicir, por internet en tempo real
22/05/2013
Corresponde á totalidade de estradas provinciais en Xove, Quiroga, Burela, Cervo, Riotorto, A Pontenova, Castroverde e Ribas do Sil onde a institución rematou coa execución deste Plan
50 operarios e 32 máquinas traballan agora noutros 8 Concellos: Vilalba, A Pastoriza, As Nogais, Cospeito, Pol, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e Cervantes
22/05/2013
A App A Deputación no teu móbil serve tamén para inscribirse en actividades e cursos da institución provincial, ademais de consultar as últimas noticias relacionadas coa entidade e acceder a tódalas redes sociais nas que está presente
Con esta nova ferramenta tecnolóxica, activada hoxe, “marcamos un antes e un despois na relación entre os cidadáns e a administración, e avanzamos na senda do Goberno aberto, transparente e máis útil para os veciños”, subliñou o Presidente
Gómez Besteiro anunciou que as preto de 200 prazas do congreso #INLUGO esgotáronse en tan só 6 horas, polo que “faremos o esforzo de habilitar outra sala e abrir un segundo prazo de inscrición para dar cabida a toda a xente que queira participar”
21/05/2013
Solicitará como medida cautelar ó xuíz a paralización dos traballos, pois considera “un perigo para as persoas” a reapertura ó tráfico desta vía, que é de titularidade provincial, ó non estar adaptada para a circulación continua de vehículos a motor
“Esta é unha mostra máis da actitude irresponsable e de confrontación do Alcalde, que busca o conflito permanente dende o mesmo día da súa toma de posesión, en vez de a colaboración institucional”, subliñou o Deputado de Xestión Territorial
21/05/2013
Os interesados poden inscribirse en www.deputacionlugo.org ou www.inlugo.com ata completar o aforro rigorosamente por orde de entrada das solicitudes
Dende hoxe e ata o 4 de xuño, a Deputación abre nos mesmos espazos web o prazo de presentación das candidaturas para os Premios #INLUGO, que recoñecen o bo emprego de Internet e as novas tecnoloxías de persoas, proxectos ou organizacións da provincia
21/05/2013
Agora iniciarase o proceso de selección e formación do persoal, para que os GES estean plenamente operativos este mesmo verán
O novo mapa de emerxencias crea unha auténtica malla de emerxencias que cubre todo o territorio e fai unha distribución máis racional de recursos
Os novos GES súmanse aos seis parques comarcais de bombeiros, ao parque municipal de Lugo e aos servizos de Protección Civil da provincia
20/05/2013
A institución financia por 1º vez esta prestación para crear emprego e cooperación cos Concellos logo de que a Xunta, administración galega coas competencias, deixase de asumir o 100% deste servizo e obrigase ós municipios a destinar recursos económicos
Gómez Besteiro, Rueda Valenzuela e Villares Bermúdez asinarán este martes no Pazo de San Marcos o convenio para o funcionamento de 7 GES na Fonsagrada, Guitiriz, Becerreá, Monterroso, A Pontenova, Cervo e Quiroga/Folgoso
20/05/2013
Alumnos da Escola de Imaxe e Son e profesionais da comunicación participan nesta acción formativa, que concluirá o mércores cunha sesión de 17:00 a 20:00 horas
As avogadas Mar Fernández e Montse Trillo, de Trillo e Asociados, e o profesor do Máster de Propiedade Intelectual da Universidade Autónoma de Madrid, Xabier Alonso, repasarán o contido do aparato legal que rexe o audiovisual
Cre que a Área Sanitaria de Xestión Integrada en Lugo desmantelará os Hospitais Da Costa e Monforte?