TURISMO NA PROVINCIA

Coñeces Lugo? Cada un dos municipios lucenses posúe atractivos que convirten esta provincia en única.

ver TURISMO NA PROVINCIA

SEDE ELECTRÓNICA

Infórmate dos trámites en liña que a Deputación pon á túa disposición. Desta maneira, cando teñas que facer xestións oficiais aforrarás tempo e contarás con total garantía de eficacia e seguridade.

ver SEDE ELECTRÓNICA

COÑECE A DEPUTACIÓN

Consulta a súa organización, os proxectos nos que está a traballar e a actividade doutros centros dependentes do organismo provincial.

ver COÑECE A DEPUTACIÓN

NOVAS

Para estar ó día de todos os proxectos do Goberno provincial, non tes máis que acceder a este apartado. Coñecerás puntualmente a actividade dos distintos departamentos.

ver NOVAS

Hoxe

23/05/2018

Xermade celebra as xornadas interxeneracionais co apoio do Goberno da Deputación

230518 Deputacion-xornadas xermade

- Celébranse na parroquia de Cabreirós os días 26 de maio, o 1, 2 e 9 de xuño, e buscan a participación de toda a cidadanía, nas que presentan experiencias innovadoras no sector agrogandeiro ou do Laboratorio de radio desta localidade

- Haberá charlas sobre á actividade agraria como recurso para a prevención do lume, xogos tradicionais, quenda da saúde con expertos sobre enfermidades mentais e un obradoiro práctico de primeiros auxilios, radioteatro, e, por suposto, os torneiros

- O Deputado remarcou o profundo compromiso do Goberno de Xermade “por impulsar e poñer en valor o noso ben máis ben prezado, a nosa historia e a nosa memoria, e faino do mellor xeito posible, contando cos maiores da vila”

Leer máis

21/05/2018

Os traballadores dos parques de bombeiros de Lugo deixarán de estar discriminados nos seus salarios

210518 Saúdo Bombeiros

- Darío Campos asume a presidencia do Consorcio provincial de Bombeiros, que pon fin á discriminación salarial dos bombeiros de Lugo: “é unha satisfacción acabar coa discriminación que sufrían estes traballadores e dar satisfacción a esta vella demanda laboral, era de xustiza que os bombeiros de Lugo cobraran o mesmo que os seus compañeiros”

- O Pleno do Consorcio aprobou hoxe a modificación dos contratos para equiparar os salarios dos traballadores que prestan servizo nos parques de bombeiros de Viveiro, Vilalba, Barreiros, Monforte, Sarria e Chantada

- Os bombeiros de Lugo pasarán a cobrar o mesmo que os seus compañeiros de Ourense. Para equiparar os seus salarios, Deputación e Xunta achegarán este ano 659.000 euros

- O Pleno tamén aprobou o nomeamento de Darío Campos como Presidente do Consorcio, o cargo deixa de ser rotatorio trala modificación dos Estatutos da entidade

Leer máis

21/05/2018

Máis de 300 padexeiros participarán no 62 Descenso Internacional do Miño co apoio do Goberno da Deputación

210518 DESCENSO MIÑO 2018

- O evento terá lugar o vindeiro sábado con saída en Rábade e chegada no Club Fluvial de Lugo. Trátase da segunda proba de piragüismo máis antiga de España

- Rivera Capón resaltou “a importancia do Descenso para a provincia, polo número de participantes e de afeccionados que se achegan a vivir o espectáculo, converténdose non só nunha xornada competitiva con creces, senón tamén nun día de festa”

- O Deputado felicitou ao Presidente da Federación Galega de Piragüismo “polos oito metais conquistados no Mundial de Hungría”, e destacou “as dúas medallas de ouro conseguidas esta fin de semana polo padexeiro lucense, Cristián Toro”

- A disputa da edición 62 do Descenso Internacional do Miño contará este ano coa participación duns 330 padexeiros e preto de 270 embarcacións, procedentes de 31 clubs galegos, o que supera os 28 que estiveron representados o ano pasado

- Como novidade este ano, tanto homes como mulleres das categorías xuvenil, sénior e veterán e das modalidades de K1, K2, e C1 tomarán a saída, ás 16:30 horas, desde o Concello de Rábade para remar 17 quilómetros ata a meta, instalada no Club Fluvial

Leer máis

21/05/2018

Deputación e ABANCA dotan o Plan Activamos con 21 millóns de euros en novo financiamento para 2018

210518 DSC_0003

-Desde 2014 o Plan achegou 72,5 millóns de euros en financiamento en condicións vantaxosas a empresas, familias e corporacións locais da provincia

-A iniciativa financia entre outros usos o emprendemento, o investimento, a creación de emprego, a formación e a rehabilitación de vivendas rurais

Leer máis

21/05/2018

O Goberno homenaxea a Cristina Seijo na Copa Deputación de Baloncesto que reunirá a 500 rapaces de toda a provincia

210518 FOTO COPA DEPUTACIÓN

- O Pazo Provincial dos Deportes acollerá esta cita deportiva o vindeiro domingo 27 de maio, na que participarán  totalmente de balde equipos das categorías baby, infantil, alevín e benxamín femininos e masculinos, é dicir, de idades entre os 6 e 14 anos

- O Executivo Provincial é o principal promotor do evento, cunha achega de 14.000 euros, coa que fomentar o baloncesto base lucense e promover hábitos de vida saudables, da man dun dos clubs femininos de referencia en Lugo como é o Ensino

- Campos Conde subliñou que “promovemos unha nova edición da Copa Deputación dentro da nosa aposta polo fomento do deporte base, o baloncesto feminino e a igualdade de xénero, así como a educación en valores, a través dunha xornada de convivencia entre rapazas e rapaces chegados de toda a provincia”

- O Presidente engadiu que “é unha edición especial, pois quixemos dedicala á memoria de Cristina Seijo, unha referente na provincia no deporte da canastra e sempre lle estaremos agradecidos polo seu inmenso labor e a súa dedicación absoluta”

Leer máis

21/05/2018

Concerto solidario este mércores, en Lugo, da Fundación Vicente Ferrer co apoio da Deputación e o Concello

-A soprano Noemí Mazoy, a acordeonista Valery Zviarzhevich, o pianista, Germán Barrio e a violonchelista Cristina Nogueira Pérez actuarán, ás 20:30, no Gustavo Freire

-Os fondos que se recaden serán para construir vivendas dignas para persoas desfavorecidas nunha das zonas máis pobres da India

Leer máis

21/05/2018

Deputación, Concello e ALUCEM ofrecen unha xornada sobre esclerose múltiple con motivo do Día Mundial da enfermidade

200518 Deputación-xornada ALUCEM

- López Izquierdo, González Abelleira e Rachel Feliciano presentaron esta cita que se celebrará no Hopistal do Lucus Augusti o 25 de maio, dende ás 16:00 a 20:00 horas

- Nesta ponencia participarán a neuróloga Laura Ramos Rúa; a fisioterapeuta Alba Fernández Lodeiro; a psicóloga Diana Blanco Jiménez, e para rematar a xornada a avogada Elba Cabo Ramos que explicará a "Incapacidade Legal"

- O Executivo Provincial destina 10.000 euros a este colectivo para a contratación dun fisioterapeuta que ofrece este servizo de recuperación a máis de 85 lucenses con esclerose múltiple

Leer máis

20/05/2018

O Goberno da Deputación concorre a axudas europeas de aforro enerxético para investir 700.000 euros en 38 Concellos

200518 Ribeira de piquin-foto de archivo

- Trátase do ILUMIN@ que proxecta dotar de novo equipamento enerxético de baixo consumo a instalacións públicas municipais para continuar reducindo a factura eléctrica

- Con estes fondos, poderíase actuar nunha superficie superior aos 5.500 km2 de territorio, para facer máis eficientes 3.195 instalacións de luz, conseguindo reducir o consumo en 450.217 quilovatios ao ano

- Coa aplicación deste programa, os Concellos poderán aforrar máis de 62.00 euros ao ano, o que supón o 63% da súa factura eléctrica

Leer máis

19/05/2018

Os pensionistas de El Enjambre de Chantada celebran o seu XXII aniversario, estreando o “desexado” sistema de climatización que instalou a Deputación

190518 EL ENJAMBRE (1)

- Santos Ramos e García Porto participaron este sábado no acto conmemorativo que tivo lugar na sede da Asociación, mellorada grazas á colaboración do Executivo

- A Deputación achegou 14.000 euros para dotar ao local dun novo sistema de refrixeración e aire acondicionado en beneficio dos máis de 200 membros do colectivo

Leer máis

19/05/2018

A Deputación ofrece outros 27 postos de traballo na provincia co programa Ben Empregado 4

190518 BEN EMPREGADO 4-1

- Logo de lograr a incorporación de 154 lucenses sen traballo ao mercado laboral, o Goberno da Deputación ofrece 27 prazas máis para cubrir os postos de traballo que quedaron vacantes na anterior convocatoria

-A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, destaca que “apostamos pola xeración de postos de traballo dignos na provincia e o Ben Empregado , que ten acadada unha inserción laboral do 35%, é un bo exemplo de como se deben facer as cousas”

-As persoas interesadas en optar á nova convocatoria de postos de traballo na provincia poden presentar as súas candidaturas ata o día 23 de maio na Axencia de Colocación da Deputación

Leer máis

Máis novas

Información sobre el documento