A Deputación e o Concello de Lugo convídavos a participar no 10º aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade. Queremos que todos os cidadáns, independentemente da súa idade, formedes parte deste acontecemento único na provincia. Por iso, organizamos no entorno do Río Miño actividades lúdico-medioambientais nunca vistas en Lugo.
LIGOTEANDO
PASEO CHILL-OUT + CEA ROMÁNTICA
Restaurante "Los Robles"
Menú
Crepes recheos de marisco
Croquetas caseiras de marisco envoltas en filloas
Ensalada de verán
Brocheta de carne á grella con patacas
Tellas con xeado
Viños, cafés e infusións

Aboar previamente na conta de "Los Robles":
Caixa de Pensións 2100-4206-86-2200027601
Anímate, e vén á
área Recreativa "Los Robles" a practicar deportes de multiaventura novidosos e moi divertidos. Organizamos grupos de 8 persoas por idade, que poderán realizar catro actividades diferentes ó longo da súa quenda, ben en horario de
mañá, ou de
tarde.


WAKEBOARD
Deporte que consiste en deslizarse a gran velocidade sobre unha táboa que arrastra unha lancha, facendo saltos e acrobacias. É unha conbinación de esquí, esquí acuático e snowboard. Precisamente polas súas semellanzas con este último está a gañar moitos adeptos.
SEA SCOOTER
Novidoso modo de impulsarse por enriba ou por debaixo da auga sen ningún esforzo cun aparato que permite facer snorkel e percorrer grandes distancias sen fatigarse ó aletear, e que permite mergullarse e baixar rapidamente como un golfiño.
PADDLE-SURF
Rutas guiadas polo río a bordo de táboas de surf a remo. Tonifica o corpo ó exercitar practicamente todos os músculos. Por este motivo, é unha das actividades máis completas.
BANANA ACUÁTICA
Paseos polo río abordo dun inchable de 5m. de longo que arrastra unha lancha. O paseo é para un grupo de 8 persoas e a sensación é semellante a subirse a unha montaña rusa sobre a auga.
BAUTIZO DE MERGULLO
Iniciación ó mergullo da forma máis segura. Achegaranse coñecementos teóricos e prácticos.
PASEO CHILL-OUT
Paseo fluvial en catamarán desfrutando da paisaxe das ribeiras do Miño e da música chill-out mesturada en directo por un Dj.
BOLAS ACUÁTICAS
Divertido modo de camiñar sobre a auga ó ser introducido nunha bóla de plástico transparente e cunha cremalleira que será inchada. Trátase dun xogo de equilibrio.
Actividades por idades
Infantil
De 7 a 11 anos
Bolas acuáticas
Banan acuática
Sea-Scooter
Rutas guiadas pola ribeira do río con expertos en bioloxía
Xogos infantís
Junior
De 11 a 16 anos
Bolas acuáticas
Banana acuática
Sea-Scooter
Rutas guiadas pola ribeira do río con expertos en bioloxía
Paddle-surf
Wakeboard (maiores de 12 anos)
Bautizo de mergullo (maiores de 12 anos)
Sénior
A partir de 16 anos (sen límite de idade)
Bolas acuáticas
Banana acuática
Sea-Scooter
Paddle-surf
Wakeboard
Bautizo de mergullo
LUNS 5 mañá MULTIACTIVIDADE INFANTIL
tarde MULTIACTIVIDADE SENIOR |
MARTES 6 mañá MULTIACTIVIDADE INFANTIL
tarde MULTIACTIVIDADE SENIOR |
MERC. 7 mañá MULTIACTIVIDADE JUNIOR
tarde MULTIACTIVIDADE JUNIOR |
XOVES 8 mañá MULTIACTIVIDADE INFANTIL
tarde MULTIACTIVIDADE SENIOR |
VENRES 9 mañá MULTIACTIVIDADE INFANTIL
tarde PASEO CHILL-OUT |
SABADO 10 mañá BAUTIZO BUCEO O WAKEBOARD
tarde WAKEBOARD |
DOMINGO 11 mañá BAUTIZO BUCEO O WAKEBOARD
tarde WAKEBOARD |
LUNS 12 mañá MULTIACTIVIDADE JUNIOR
tarde MULTIACTIVIDADE JUNIOR |
MARTES 13 mañá MULTIACTIVIDADE JUNIOR
tarde MULTIACTIVIDADE SENIOR |
MERC. 14 mañá MULTIACTIVIDADE INFANTIL
tarde WAKEBOARD |
XOVES 15 mañá MULTIACTIVIDADE JUNIOR
tarde MULTIACTIVIDADE JUNIOR |
VENRES 16 mañá MULTIACTIVIDADE INFANTIL
tarde PASEO CHILL-OUT |
SABADO 17 mañá BAUTIZO BUCEO O WAKEBOARD
tarde WAKEBOARD |
DOMINGO 18 mañá BAUTIZO BUCEO O WAKEBOARD
tarde WAKEBOARD |
LUNS 19 mañá MULTIACTIVIDADE JUNIOR
tarde MULTIACTIVIDADE JUNIOR |
MARTES 20 mañá MULTIACTIVIDADE JUNIOR
tarde MULTIACTIVIDADE SENIOR |
MERC. 21 mañá MULTIACTIVIDADE JUNIOR
tarde WAKEBOARD |
XOVES 22 mañá MULTIACTIVIDADE JUNIOR
tarde FIN DE ACTIVIDADE |
 |
Horarios
Mañás: de 11:00 a 14:00 h
Tardes: de 16:00 a 19:00 h |
INSCRICIÓNS
Chama ó teléfono 982 120 064 de luns a venres en horario de 11 a 14 h. e de 17 a 20h.
MATRÍCULA
Prezo da actividade 5 euros.
O pagamento deberá facerse efectivo na conta corrente BANESTO 0030-7060-30-0298064273 co concepto de "ACTIVIDADES LUGOTEANDO". O resgardo será entregado o día do comezo da actividade.
AUTORIZACIÓN
No caso de que sexas menor de idade, entrega esta ficha cuberta o día do comezo da actividade.
