O proxecto InnovaTE, aspira a conseguir, mediante a Administración electrónica, promover avances técnicos e culturais que sitúen á provincia de Lugo como un territorio plenamente inserido na Sociedade da Información, favorecendo así mesmo a cohesión social e territorial, e contribuíndo á xeración dunha economía do coñecemento que sirva de base para o progreso económico e social cara a acadar uns maiores niveis de benestar para a totalidade da poboación. Este proxecto está financiado nun 70% por Fondos Europeos FEDER e nun 30 % polo INLUDES.

Obxectivos

O proxecto actuará como motor de xeración de crecemento e emprego na provincia de Lugo, promovendo a aplicación xeral das TIC nos ámbitos produtivos, sociais e dos servizos públicos para conseguir unha serie de propósitos estratéxicos como a xeración e desenvolvemento dunha economía dinámica e competitiva baseada no capital intelectual e no coñecemento ou a ruptura das brechas sociais e territoriais a través da creación dun escenario de igualdade de oportunidades na Sociedade da Información.

Retos

Co proxecto InnovaTE búscase lograr unha serie de retos como:
  1. A creación de emprego.
  2. A integración social.
  3. O desenvolvemento da economía do coñecemento.
  4. Reforzar a igualdade de oportunidades.
  5. Aumentar a competitividade das empresas.
  6. A mellora da participación do cidadán na vida local.
O proxecto asume como prioridade a aproximación das novas tecnoloxías á poboación rural, onde a penetración das mesmas é tradicionalmente menor, así como a colectivos sociais como mulleres e persoas maiores, tratando de facerlles partícipes de todos os beneficios que lles proporcionarán os servizos locais de acceso remoto e virtual.

Áreas xeográficas de actuación

A área de actuación do proxecto InnovaTE comprende 66 municipios da provincia de Lugo, salvo o propio municipio de Lugo.

Ámbitos funcionais de actuación
  1. Dotación de infraestruturas e aplicacións tecnolóxicas no ámbito da Deputación Provincial de Lugo
  2. Dotación de infraestruturas e aplicacións tecnolóxicas no ámbito dos Concellos da provincia de Lugo
  3. Implantación da administración electrónica na Deputación Provincial de Lugo
  4. Implantación da administración electrónica nos Concellos da provincia de Lugo
  5. Plan de extensión de banda ancha e mobilidade nas comunicacións.
  6. Plan de dinamización e difusión da Sociedade da Información.
Tódalas actuacións que se propoñen implican a implantación de equipamentos e infraestruturas que permitirán aos cidadáns interactuar coas administracións públicas, sendo eles motores clave da mellora dos servizos locais que se ofrecerán a través das novas tecnoloxías.


NOTICIAS

Cuádrigas e 'e-clyclopes' tecnolóxicos promocionan no Arde Lucus a administración electrónica da Deputación

Arranca a oficina do Innova-TE coa incorporación de 20 profesionais da provincia

Arranca a oficina do Innova-TE coa incorporación de 20 profesionais da provincia

A Deputación inviste máis de 1millón de euros na implantación da banda ancha en 66 Casas Consistoriais

A Deputación inviste máis de 1millón de euros na implantación da banda ancha en 66 Casas Consistoriais

ver más


PERFIL DEL CONTRATANTE

INLUDES
ANUNCIO DE LICITACIÓN E PREGOS DA CONTRATACIÓN DO PLAN DE EXTENSIÓN DA BANDA LARGA E MOBILIDADE NAS COMUNICACIÓNS DA PROVINCIA DE LUGO, ENMARCADO NO PROXECTO INNOVATE
Contrato de Servizos

INLUDES
XORNADA INFORMATIVA REFERENTE AO CONCURSO 'PLAN DE EXTENSIÓN DE BANDA LARGA E MOBILIDADE NAS COMUNICACIÓNS' - Proxecto InnovaTE-LUGO cofinanciado con fondos FEDER nun 70%

ver más


PRENSA
descargar dossier de prensa

CONTACTO
InnovaTE
982 26 00 77
innovate@deputacionlugo.org