INICIO       MAPA WEB       CONTACTAR




Buscar  
RDL 9/2008, Fondo Estatal de Investimento Local
O día 2 de decembro publicouse no BOE o RDL 9/2008, de 28 de novembro, polo que se crea un Fondo Estatal de Investimento Local e un Fondo Especial do Estado para a Dinamización da Economía e o Emprego e apróbanse créditos extraordinarios para atender ò seu financiamento. Toda a información sobre o Real Decreto e as instrucións para a presentación das solicitudes poden consultarse na páxina Web do Ministerio de Administracións Públicas www.map.es.

A Deputación Provincial de Lugo comprométese a financiar ata un máximo de 1.340.223,30 euros, que se corresponde co 4% sobre o presuposto da execución material da financiación máxima que figura para cada Concello no Fondo Estatal de Investimento Local




Información de interese




Qué certificados son válidos?

Na páxina Web do MAP (www.map.es) aparecen como válidos, entre outros

  • DNI electrónico,
  • Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, entre outros.
O certificado debe estar emitido a nome dunha persoa física (CPF) con autorización para representar ó Concello (Alcalde ou Secretario), ou ben como persoa xurídica (CPJ).

Como solicitar o DNIe?

Pódese solicitar cita previa na páxina web www.citapreviadnie.es

ou no teléfono 902-247-364

Máis información en http://www.dnielectronico.es

Que necesito para traballar co DNIe?

Para DNIe ten dúas opcións:

  • Un lector de tarxetas intelixentes
  • Un teclado con lector de tarxetas integrado
NOTA: Unha vez instalado no seu ordenador calquera dos dispositivos mencionados, necesita instalar no seu ordenador o "Módulo Criptográfico DNIe": Acceda á páxina oficial de DNIe para coñecer as versións dispoñibles para os distintos sistemas operativos.

Como solicitar o certificado da FNMT?

Na páxina Web da FNMT www.cert.fnmt.es

MOI IMPORTANTE: Débese solicitar desde un equipo ó que se teña acceso posteriormente á identificación do titular perante algunha das oficinas de validación de solicitudes. Máis información na páxina Web da FNMT


Que necesito para traballar co certificado da FNMT ou outros semellantes?

Non se necesita ningún dispositivo especial, abonda con ter instalado o certificado no navegador Web do seu ordenador.

MOI IMPORTANTE: Para poder traballar co seu certificado noutros ordenadores, necesita exportalo do seu ordenador habitual e instalalo no navegador Web do novo equipo.

Para iso debe utilizar as opcións de exportación que ofrece o navegador Web, marcando a opción "exportar a clave privada" e dotándoo dunha clave de acceso. O arquivo resultante poderase transportar nun disco flexible ou chave USB.

Onde podo acreditar a miña identidade para obter o certificado dixital?

Para obter un certificado dixital da FNMT é necesario presentarse fisicamente a unha das Oficinas de Acreditación Autorizadas, dispostas para poder acreditar a identidade do solicitante.

Unha vez superado este trámite, o certificado dixital acredita a identidade perante calquera xestión a través de Internet, sen necesidade de presenza física do interesado.

Acceda ò localizador de oficinas da FNMT para consultar a oficina máis próxima ò seu municipio.




Como presentar as solicitudes?

Os documentos que se deben acompañar á solicitude incorporaranse ó expediente a través da aplicación informática do Ministerio mediante copias dixitalizadas dos documentos orixinais.

Documentos a achegar coa solicitude:

  • Memoria explicativa do proxecto
  • Orzamento do proxecto.
  • Certificación de que non se trata dunha obra prevista no Orzamento de 2009.
  • Acordo polo que se aprobe a realización do/os investimento/os proxectado/os.
NOTA. (1): O acordo municipal, ó tratarse de obras non previstas nos anexos de investimentos é competencia do Pleno da respectiva corporación, agás delegación na Xunta de Goberno Local.

Obrigas tributarias e sociais

De conformidade ca Resolución de 9/12/2008 BOE 10/12/2008, os Concellos terán que acreditar estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento de certificar a adxudicación das obras, polo que os Concellos deberán realizar, no seu caso, as actuacións que sexan precisas para cumprir este requisito.

Cando presentar as solicitudes?

Desde o día 10 de decembro de 2008 ata o día 24 de xaneiro de 2009

Onde hai que presentar as solicitudes?

As solicitudes preséntanse na páxina Web do Ministerio (www.map.es), a través do formulario especificado na aplicación correspondente.

Non teño acceso a Internet en banda ampla, Como podo presentar a solicitude?

O Ministerio indica na súa páxina Web que se require banda ampla polo volume da información a transmitir.

Destino dos fondos

Investimentos urxentes

Xeneradores de novos empregos

Obras de competencia local

A finaciación do Fondo non inclúe os gastos de elaboración dos proxectos. Entendemos que tampouco inclúe a finaciación dos contratos de servizos para a dirección das obras

Requisitos das obras

Teñen que ser pobras de nova planificación, é decir, non incluidas no Orzamento de 2009.

Deben ser obras de execución inmediata, entendo por tales as que poidan licitarse antes de que transcurra un mes desde a publicación da resolución pola que o Ministerio autorice a financiación das mesmas con cargo ò Fondo. Se se trata de contratos menores a adxudicación debe producirse dentro de igual prazo.

O valor estimado de cada proxecto debe ser inferior a 5.000.000 euros I.V.E. non incluído

As obras a realizar con cargo ò Fondo deben reunir, para ser financiables, algunha das características establecidas polo artigo 3 do Real Decreto lei 9/2008, do 28 de novembro (BOE núm. 290 do 2/12/08).

Documentos de Interese

Texto do Real Decreto: BOE nº 290 do martes 2 de decembro de 2008

Instrucións para a presentación de solicitudes: BOE nº 297 do mércores 10 de decembro de 2008




Gabinete de Asesoramento, Asistencia e Defensa Xurídica ás Corporacións Locais

Formulario online de consultas na páxina Web da Deputación.

Servizo de atención telefónica e por fax:

Teléfonos: 982 260 105/106/107/109/113/171/258

Fax: 982 260165 / 982 240409
CONSULTAS

Respostas do M.A.P. ás cuestións plantexadas dende a Deputación Provincial de Lugo en relación ao Fondo Estatal de Investimento Local


DESCARGAS

Modelo cartel subvención excepcional Fondos Feil

NOVAS DE INTERESE

Modelos tipo da documentación para xustificar a aportación da Deputación Provincial nas obras do Fondo de Investimento Local, instrumentada no convenio asinado no seu día, preparada polo SERVIZO DE CONTRATACIÓN E FOMENTO desta Entidade.


Para calquera dúbida poderán ponerse en contacto co referido Servizo a través dos seguintes números de teléfono : 982 260084, extensións: 174,194,192,066,067,083,078,080

Acceso á información actualizada sobre o FEIL na web do MAP


Pregos de cláusulas administrativas dos contratos de obras do Fondo de Investimento Local


Información da FEMP sobre o Fondo de Investimento Municipal


A Deputación axiliza a posta en marcha do Fondo Extraordinario coa aprobación pola vía de urxencia do convenio tipo que se asinará os Concellos


A Deputación de Lugo pon a disposición dos Concellos un equipo técnico para asesoralos na tramitación do Fondo Extraordinario


B.O.P. REDE MUSEÍSTICA INLUDES Fundación TIC Innov@te Casa do emigrante KM0 LugO2 Servizo de Recadación


© 2008 Excma. Deputación Provincial de Lugo
   C/ San Marcos nº 8 Lugo- 27001 Galicia España
   Teléfono 982 260 000
Aviso legal |Política de privacidad |Mapa web