INICIO       MAPA WEB       CONTACTAR



Buscar  
Corporación


Areas de actuación


Información

Actualidade
B.O.P.
Emprego Público
Perfil do Contratante
Subvencións
Débeda Histórica
Arquivo Provincial
Servizo de Comunicación
Servizo de Protocolo
Directorio telefónico
Suscripcións

Lugo

Concellos
Imaxes
Panorámicas
Envío de postais
Km0

O Pazo de San Marcos acolle a presentación da XXVI Edición da Copa Deputación
Copa Deputación


Antonio Veiga salientou a creación dun novo torneo, a Copa Deputación de Fútbol Feminino que disputarán o Club Friol e o Atlético Muralla
O delegado a Área de Deporte da Deputación, Antonio Veiga, presentou este sábado a XXVI Edición da Copa Deputación no Pazo de San Marcos. No acto tamén estiveron presentes o delegado provincial e o membro da Federación Galega de Fútbol, Carlos Mouriz e José Ángel Latas, e o responsable técnico da Área de Deporte, Eduardo Fernández Abel.

Na súa intervención, Antonio Veiga resaltou a “colaboración e a predisposición” e todos e cada un dos clubs que participaron da última edición da Copa Deputación, data na que o trofeo conmemoraba o seu 25 aniversario. Ademais, no ano 2008 tivo lugar a primeira Supercopa disputada entre o equipo campión das categorías 1ª autonómica e preferente autonómica, 2ª e 3 ª autonómica, e a Sociedade Deportiva de Lugo. A maiores, este ano tamén se disputará a primeira Copa Deputación de Fútbol Feminino. Esta iniciativa pretende potenciar o deporte feminino, especialmente o fútbol, en todas as comarcas lucenses. Xa que, na actualidade, Lugo só conta con dous equipos de fútbol feminino federados, o Club Friol e o Atlétic Muralla, que disputarán a final deste novo torneo.

Para a posta en marcha desta última edición da Copa Deputación, a Área de Deportes conta cun orzamento de case 100.000 euros. Nesta liña, Antonio Veiga notificoulles ao clubs deportivos participantes no trofeo que o campión e subcampión da categoría 1ª autonómica e preferente autonómica, será premiado con 5.000 e 4.000 euros respectivamente. Ademais, cada equipo recibirá 450 euros por partido xogado. En 2º e 3º autonómica, os premios alcanzarán os 4.000 e os 3.000 euros, e os clubs percibirán 385 euros por partido disputado.

Nas categorías 1ª autonómica e preferente autonómica xogarán un total de 19 equipos. Retiráronse da competición os clubs e sociedades deportivas de Castro, Burela, Foz, Valadouro e Ribadeo. En 2ª e 3ª autonómica o número de clubs participantes elévase a 32.


Lugo, 27/03/2009

B.O.P.
REDE MUSEÍSTICA
INLUDES
Fundación TIC
Innov@te
Enquisa de Infraestruturas e Equipamento Locais
Casa do emigrante
LugO2
KM0
Servizo de Recadación


© 2008 Excma. Deputación Provincial de Lugo
   C/ San Marcos nº 8 Lugo- 27001 Galicia España
   Teléfono 982 260 000
Aviso legal |Política de privacidad |Mapa web