Corporación
Areas de actuación
Información
Lugo
|
A Fundación TIC colabora na gravación do 1º disco da Escola de Música de Pobra de Brollón
O Presidente da Deputación fixo entrega dunha copia do CD a todos os membros do centro educativo
Esta iniciativa é o resultado do convenio asinado o pasado mes de abril polo organismo provincial e produtora monfortina CICLORAMA
Titulados da Escola de Imaxe e Son formaron parte do equipo técnico da empresa de producións artísticas a través do seu programa de bolsas remuneradas
|
A Deputación contribúe á recuperación dun complexo agroturístico en Palas de Rei baseado na produción ecolóxica
Esta actuación enmárcase dentro do firme compromiso do organismo provincial para impulsar o sector agrogandeiro e por converter o medio ambiente na oportunidade económica da provincia
Gómez Besteiro visitou o complexo formado por casas dos anos 30 e pola fábrica de produtos lácteos Arqueixal, destinada á elaboración ecolóxica
A Deputación destinou nos últimos tres anos preto 200.000 euros para a execución de 27 obras de comunidades veciñais neste municipio
|
Remata a segunda tempada de Km0 con preto de 17.000 participantes
Dende que o programa iniciou a súa andaina en setembro de 2008, as rutas máis demandadas foron as de “Catamarán por Amandi” e “Ría de Ribadeo”, que foron elexidas por 5.000 persoas
A modalidade Xtreme contou con preto de 600 participantes, predominando as viaxes en helicóptero e as actividades de multiaventura
A Mariña e a Ribeira Sacra, destinos das seis rutas organizadas para esta semana dentro do programa impulsado pola Deputación
|
A Deputación esixe á Xunta que garanta o acceso á banda longa en 2011 no 100% dos Concellos lugueses
Mentres os plans autonómicos fixan o horizonte de 2013 para dotar ós veciños deste servizo, o organismo provincial garante a implantación da eadministración en menos dun ano co Innova-TE
Antonio Gato subliña que a banda longa é competencia directa da Xunta e os lugueses non poden agardar ata ese ano porque do contrario non poderán realizar os 120 trámites que ofrece o programa provincial
Lugo é a provincia galega coa maior porcentaxe de habitantes sen este servizo cun 45,6%
Aprobouse a modificación orzamentaria para o desenvolvemento de actividades que achegarán as novas tecnoloxías ás persoas maiores dentro do Centro de Innovación Social
A Deputación reclama á administración autonómica que non siga marxinando á provincia na programación do Xacobeo
|
CONGRESO INTERNACIONAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
A Facultade de Ciencias do Campus Universitario de Lugo e a Sociedad Gallega de Prevención de Riesgos Laborales organizan o Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais, que vai ter lugar na Facultade do 20 ao 22 de outubro.
|
A Deputación adiantará este ano máis de 16 M€ de euros ós Concellos adheridos ó Sistema de Recadación Provincial
Coa rebaixa do 6 ó 3%, a Deputación aforra 500.000 euros ós 51 municipios que teñen delegada a recadación de impostos no organismo provincial
Trátase dunha medida que puxo en marcha o actual equipo de goberno e que lles permite ás entidades locais ter unha maior liquidez
Gómez Besteiro e Núñez-Torrón asinan o convenio a través do que as xestoras da provincia poderán realizar as autoliquidacións dos impostos de tracción mecánica e o de natureza urbana
|
A Deputación aforra 100.000 euros ó Concello de Mondoñedo na rehabilitación do seu patrimonio histórico
Gómez Besteiro e o Alcalde asinan o convenio para a recuperación da Ponte do Pasatempo, na que o organismo provincial investirá máis de 50.000 euros
Xunto co aparcadoiro subterráneo de Alcántara, o organismo provincial completa a rehabilitación do patrimonio histórico mindoniense e contribúe á recuperación da estabilidade presupostaria do municipio
Estas actuacións súmanse a outros investimentos que a Deputación está a realizar en Mondoñedo e que superan os 1,5 millóns de euros
|
Preto de 800 persoas participaron no pioneiro programa de actividades lúdico-medioambientais Lugoteando
O programa, con grande éxito de convocatoria, acadou unha aceptación superior ó 140% no caso das actividades de adultos
O wakeboard, con 157 participantes, e as rutas chill-out en catamarán coa cea romántica, con 150, foron as actividades máis demandadas desta novidosa iniciativa promovida pola Deputación dentro de Lugo10, e nunca vista antes na provincia
Preto de 9.200 persoas visitaron o Marco Muralla de Lugo que dende o martes estará na Fonsagrada
|
A Deputación executará obras que superan os 3,5 millóns de euros dentro do Plan de Comunidades Veciñais de 2010
Deste cantidade, o organismo provincial subvenciona 2,3 millóns de euros, é dicir, o 65,07% do orzamento total
Preto de 300 entidades asociativas beneficiaranse desta iniciativa que nesta anualidade aumentou un 4,5% con respecto a 2009
Gato Soengas subliñou que na Comisión de Avaliación participaron todos os grupos políticos “co que garantimos a transparencia na xestión das obras”
4 días despois da presentación, o INLUDES recibiu 50 visitas, 380 chamadas e de teléfono e peticións dos Concellos de Ribadeo e Cervo sobre o programa formativo para insertar a parados
|
Gómez Besteiro destaca o labor humanitario e político do Tenente Alcalde de Pedrafita
O Presidente da Deputación participou no acto de recoñecemento que compañeiros de partido e veciños lle renderon a Manuel Villasol en recoñecemento a 40 anos adicados á xestión municipal
O titular provincial subliñou o impulso que o político lle deu á Mancomunidade de Montes de Louzarela e traballo realizado “para que este Concello sexa a porta de entrada en Galicia a través da A-6”
|
A Deputación destinou nos últimos dous anos 1,4 millóns de euros ás axudas de autónomos
A través desta iniciativa, da que se beneficiaron 1.200 empresarios, a de Lugo converteuse na 1ª Deputación de España en subvencionar os gastos correntes deste colectivo
Segundo a diagnose elaborada dentro do programa europeo Pacto Provincial polo Emprego, os autónomos representan o 65% da base empresarial da provincia
A Vicepresidenta Segunda participou na inauguración da nova sede que UPTA Galicia puxo en marcha en Lugo
|
Sanidade e a Deputación de Lugo inician a elaboración do decreto de transferencias
A xerente do Sergas presidiu esta mañá a constitución da Comisión Mixta encargada de aprobar o acordo de traspaso para a súa posterior remisión ao Consello da Xunta
Rocío Mosquera destacou a importancia de continuar traballando nun marco de lealdade institucional, colaboración e boa coordinación para que os intereses dos cidadáns prevalezan por riba de todo
O pasado mes de xuño asinouse o protocolo que concretou a liquidación do pago e a incorporación como persoal do Sergas dos 207 traballadores nos centros de San José e San Rafael, que será a partir do 1 de xaneiro de 2011
|
|
|
|